Día Internacional da loita contra o Uso Indebido e o Tráfico Ilícito de Drogas
O auxe das substancias sintéticas presenta un novo e preocupante desafío, por isto o Día Mundial sobre as Drogas deste ano esixe inversións en prevención.
O auxe das substancias sintéticas presenta un novo e preocupante desafío, por isto o Día Mundial sobre as Drogas deste ano esixe inversións en prevención.
Nesta ocasión o lema elixido para a campaña foi : ELIXE VIDA, RESPIRA.
Tamén involucramos a tódolos centros educativos do concello de Ribeira e organizamos un concurso entre o alumnado de primaria, para que crearan as súas mensaxes e pulmóns en 3D
Campaña ano 2025
O lema nesta ocasión é Respira, Elixe vida
Con motivo da celebración do Día Mundial da SIDA, o vindeiro 1 de decembro, Renacer lanza a campaña que leva por lema: SEXO? SI, PERO SEGURO. Para concienciar á poboación da importancia de empregar medidas de protección na relacións sexuais que eviten o contaxio de enfermidades de transmisión sexual e embarazos non desexados.
O programa de Información e asesoramento psicolóxico e legal, está dirixido a persoas afectadas polo VIH e as súas familias, para a posta en marcha do mesmo contamos coa aportación económica da Deputación da Coruña, cunha subvención de 11.974,39 euros.
Como vimos facendo dende hai varias sinjladuras, este ano tamén tivemos unha estreita colaboración coa Confraría da Dorna promovendo a campaña de sexo sejuro. Nesta ocasión ademais extendemos a temática e tamén estivemos publicando nas nosas resdes varios post alusivos á prevención das violencias sexuais, co hashtag toleranciacerocasviolenciassexuais.
O problema mundial das drogas plantea un reto de múltiples facetas que afecta á vida de milleiros de persoas en todo o mundo. Dende as persoas que padecen trastornos por consumo de substancias ata as comunidades que se enfrontan ás consecuencias do narcotráfico e a delincuencia organizada; o impacto das drogas é complexo e de gran alcance. Para facer fronte a este problema é imprescindible adoptar un enfoque baseado en probas científicas que dean prioridade á prevención e tratamento.
A campaña deste ano pon de manifesto que as políticas eficaces en materia de drogas deben estar baseadas na ciencia, investigación, o pleno respeto dos dereitos humanos, a compaixón profunda e comprensión das implicacións sociais, económicas e sanitarias do consumo de substancias.
Mellor o paseo que o fume ou vapeo.
#respirolibreenribeira
Nesta LXXV Sinjladura dende Renacer colaboramos, como tódolos anos, na prevención de condutas sexuais de risco co reparto de 2000 preservativos.
O lema desta campaña é: Non perdas o rumbo: Usa chuvasqueiro.
"ESTA SI É VIDA"
" CON QUEN QUEIRAS E CANDO QUEIRAS, ELIXE O QUE QUERES COMPARTIR"
Que o teu punto non se converta en coma.
#0,0alcoholenmenores
#0,0intoxicacionsetilicas
Molla todo o que queiras que non cala. SEMPRE CHUVASQUEIRO! Campaña de reparto de preservativos na LXXIV Singladura
Campaña de prevención de enfermidades de transmisión sexual e embarazos non desexados na LXIII Singladura
Fonte: Elaboración propia