Encóntrase en:
Podemos diferenciar dous apartados:
Dado que no campo das drogodependencias, as familias e o entorno dun afectado vense sometidos a unha gran presión, de forma periódica realizáronse cursos, especialmente dirixidos a esas persoas, sobre manualidades, co fin de darlles un "respiro" e permitirlles desconectar durante un pequeno espazo de tempo da súa rutina diaria.
Asimesmo co fin de contribuír a un mellor coñecemento das sustancias e a potenciar hábitos saudables, fixéronse cursos e seminarios formativos coas familias interesadas.
Neste apartado destacan por unha parte os cursos feitos para contribuír á formación dos educadores en drogodependencias e, por outra, xornadas, seminarios, encontros e aulas abertas nos que participou público en xeral sensibilizado con esta temática. A realización destas últimas actividades permitiunos establecer contacto con outras realidades semellantes á nosa, vividos por persoas da comunidade andaluza, que nos enriqueceron coas súas aportacións e cos traballos que alí se estaban realizando.
Dentro das actividades dirixidas a favorecer a inclusión de persoas con problemas aditivos desenvolvéronse cursos de formación ocupacional e un obradoiro de hortofruticultura coa posta en marcha dun invernadoiro.
Tamén se firmaron acordos de colaboración coa Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago e coa UNED, para acoller alumnos en practicas.
Os inicios da Asociación caracterizáronse por unha importante loita contra o narcotráfico a través de manifestacións, concentracións e entrevistas con representantes de diversos organismos gobernamentais, na que xogaron un fundamental papel o grupo de nais, mulleres cunha gran coraxe que, sabendo quitar forza e valor da desgraza dos seus achegados afectados polo mal do século, non dubidaron en enfrontarse contra os que se enriquecían cun sinistro negocio de morte, que arrasou e arrasa diariamente ca vida de tantos mozos e mozas galegos. Vilagarcía, Vigo, Muros, Santiago de Compostela e a mesma Riveira foron algúns dos lugares nos que estas mulleres exerceron diversos e duros actos de presión.
Outras das actividades nas que tamén participamos foron programas radiofónicos e feiras de asociacións para difundir o noso traballo e acercar a información a un maior número de persoas.
Ó longo destes anos editáronse revistas informativas, boletíns e diversos materiais de prevención.