Encóntrase en:

  1. · Inicio
  2. · Sobre nós

Sobre nós

Historia

A Asociación Antidroga Renacer é unha entidade sen animo de lucro que se constitúe no ano 1990 como iniciativa dun grupo de familias afectadas polo problema das toxicomanías e persoas sensibilizadas con esta problemática.

A entidade ten como obxectivo informar e sensibilizar á sociedade ante o problema das drogodependencias, e apoiar e asesorar ó/á drogodependente e á súa familia.

Aínda que a Asociación naceu con ámbito de actuación local, progresivamente foi estendendo o seu campo de actuación a nivel comarcal e provincial.

Debido á demanda que a Asociación vai recibindo na súa traxectoria, no ano 1992 asínase un convenio coa Xunta de Galicia (Consellería de Sanidade, Plan Autonómico de Drogodependencias), para desenvolver diversos programas de prevención e integración social. A posta en marcha dos mesmos posibilita unha atención especializada aos usuarios/as, canalizando todas as demandas dos/as afectados/as, a nivel persoal, xurídico e social.

Xunta Directiva

Dentro da asociación, desempeña a función de dirección a Xunta Directiva, formada por: presidenta, secretario, vocais e tesoureira.

Equipo

A Asociación conta de forma permanente cun equipo de profesionais integrado por 2 psicólogas e unha asesora xurídica.

Actividades

A Asociación Renacer desenvolve diferentes tipos de actividades dirixidas á prevención do consumo de drogas e ás consecuencias derivadas do mesmo tanto ca poboación en xeral, durante todo o ano, como cos mozos/as, sobre todo en período escolar. Ademais realízanse outras de carácter interno da propia Asociación, tales como as reunións da Xunta Directiva que se desenvolven de forma periódica e as Asembleas de socios/as.

Unha vez ó ano, con motivo da conmemoración do Día Mundial da Sida, celebramos unha Cea benéfica co fin de recaudar fondos para o mantemento de algún dos nosos programas.

Máis información acerca doutras actividades realizadas dende a posta en marcha da Asociación

Premios e Galardóns

Renacer recibe no 2005 a certificación de calidade da U.E. ós programas:

No ano 2009 a Asociación, obtén por parte do Concello de Riveira e a Asociación de Amas de Casa un premio ó traballo desinteresado.

Saltar o menú de ferramentas

Menú de ferramentas