Encóntrase en:

  1. · Inicio
  2. · Servizos
  3. · Ámbito familiar
  4. · Escolas de pais/nais e orientación familiar

Escolas de pais/nais e orientación familiar

As Escolas de Pais/Nais constitúen un elemento básico en calquera estratexia preventiva pois a familia é a base da organización social e o marco fundamental para a transmisión de valores, normas e pautas de comportamento nos fillos/as. A través delas crease un espazo onde intercambiar opinións, vivencias, experiencias e onde resolver dúbidas e preocupacións acerca da educación dos fillos/as.

Obxectivo

Formar ós pais/nais para mellorar o funcionamento familiar, favorecendo a implicación da familia na educación dos fillos/as e concienciándoos da súa importancia como axentes preventivos.

Metodoloxía

Traballo individual e colectivo de análise de casos combinado con exposicións teóricas.

Os grupos son conducidos por un/unha educadora e, para tratar temas específicos interveñen de forma coordinada profesionais expertos en distintas materias.

A actividade desenvólvese en período escolar, un día á semana en sesións de 90 minutos, no local social da Asociación Renacer ou nos centros escolares onde haxa pais/nais interesados en participar. O horario e día fíxase dacordo cos pais/nais.

Contidos

Aínda que os temas que se tratan sempre son consensuados cos grupos, en xeral o traballo céntrase nas familias: a súa composición, roles e influenzas de cada un, dinámicas internas, comunicación, habilidades sociais, resolución de conflitos, adolescencia, influencia dos medios de comunicación e prevención do consumo de drogas.

Saltar o menú de ferramentas

Menú de ferramentas