Encóntrase en:
Falemos de drogas: obradoiros para potenciar o fomento de estilos de vida saudables a través da prevención do uso e abuso de drogas en adolescentes
Obxectivo xeral
Fomentar a aprendizaxe de habilidades, valores, normas e actitudes que permitan ós/ás xoves reflexionar e capacitalos/as para afrontar situacións de xestión da saúde en relación ás drogas.
Obxectivos específicos
- Lograr a adquisición e consolidación nos/as adolescentes dun sistema de valores que guíe o seu comportamento social.
- Impulsar no ámbito da educación os comportamentos necesarios para levar unha vida saudable.
- Definir algúns dos conceptos básicos sobre as drogas e desmitificar algúns dos tópicos sobre o seu consumo e incidencia.
- Describir os efectos e consecuencias do consumo de tabaco, alcol e outras drogas.
- Analizar críticamente os contidos e as intencións de diferentes fontes de información, dos mensaxes publicitarios, tomando conciencia da súa influencia sobre o consumo.
- Dar alternativas fronte ó consumo abusivo de drogas ós adolescentes.
- Sensibilizar fronte ó fenómeno das drogas e difundir os perigos e consecuencias do consumo abusivo das mesmas.
- Facilitar a toma de decisións para a xestión dos perigos derivados do consumo de drogas.
Contidos
- Droga: definición e conceptos básicos.
- Clasificacións das distintas drogas e os seus efectos e consecuencias.
- Aspecto, vía/s de administración, efectos e riscos derivados do consumo continuado de: cannabis, fármacos estimulantes e depresores, cocaína, drogas de síntese, alucinóxenos e heroína.
- Percepción subxectiva do risco.
- Presión de grupo e asunción de responsabilidade.
- Motivacións para o consumo.
- Alternativas saudables ó consumo de drogas.
Metodoloxía
A metodoloxía a empregar é flexible, adaptándose ás características do grupo de alumnos/as cos que se traballa e á dispoñibilidade de tempo para levar a cabo as diferentes dinámicas grupais.
Os obradoiros desenvólvense nas aulas dos centros escolares en horario lectivo.
Destinatarios
A actividade vai dirixida a alumnos de 3º e 4º de ESO