Encóntrase en:

  1. · Inicio
  2. · Servizos
  3. · Ámbito escolar
  4. · Cinensino

Cinensino

O programa Cinensino é unha intervención preventiva que se engloba dentro do contexto de Educación para a Saúde e pretende ser un instrumento complementario nesta área dentro do actual sistema educativo. Por este motivo o programa desenvólvese nas aulas dos propios centros educativos, aos que se lles facilita asesoramento, medios e formación necesaria para que sexa impartido polo propio profesorado. Utiliza o cine como elemento motivador, así como instrumento para a a análise crítica de factores de risco, a valoración de factores de protección e a aprendizaxe de actitudes e comportamentos.

¿Cómo se traballa?

Consta de tres unidades para traballar unha por cada trimestre do curso académico, cunha duración media de 3-4 horas por unidade. En primeiro lugar o alumnado acude ó Auditorio municipal para visionar a película e, despois entrégaselles o caderno de traballo para eles e para o profesor/titor. Posteriormente, en titoría traballan os contidos da unidade didáctica, que é recollida polos xestores do programa para a súa análise e avaliación.

A metodoloxía inclúe técnicas grupais e individuais.

O profesorado ademais pode acceder a formación específica sobre o programa a través dunha plataforma de teleformación de Internet.

Destinatarios/as

Obxectivos xerais

Obxectivos específicos

Modificar algúns dos factores de risco e potenciar aqueloutros facilitadores dunha maior protección, tales como:

Curso de formación do profesorado (Optativo)

Destinatarios/as:

Profesores/as de 1º curso da ESO dos centros escolares inscritos no Programa de prevención de drogodependencias "Cinensino".

Obxectivos:

Ofrecerlles ós profesores/as que impartirán o programa Cinensino unha serie de coñecementos básicos sobre drogodependencias, de maneira que poidan desenvolverse con soltura no tratamento desta problemática e servir de punto de referencia, sólido e fiable, ante as expectativas que poidan xurdir dende o alumnado.

Contidos:

Contidos teóricos: (20 horas)

O temario do curso teórico preséntase a través dunha plataforma de teleformación (PTF) con fácil acceso xa que só precisa a conexión á internet e acceder aos enderezos web www.estinga.com ou www.cinensino.com . Este temario está estruturado en 3 módulos. O módulo 1 céntrase en aspectos introdutorios xenéricos sobre o tema das drogodependencias, así como no papel da información e do profesor/a no ámbito da prevención. O módulo 2 recolle os principais factores que poden estar incidindo no inicio do consumo de drogas, abordados dende os diferentes ámbitos polos que transcorre a vida dos/as adolescentes. No seu conxunto tratan de dar luz á cuestión de por que se consumen as drogas. No módulo 3, preséntanse os temas relacionados cos factores de risco e protección a traballar especificamente con cada unha das unidades didácticas.

Contidos prácticos: (12 horas)

A desenvolver por cada profesor/a na aula despois de visionar cadansúa película e co apoio da unidade didáctica correspondente.

Inscricións:

A inscrición é gratuíta e pódese facer cumprimentando un cuestionario que se entrega na reunión que se mantén cos profesores/as ó comezo de curso e entregándoa na Asociación, na web de Estinga ou enviando a:

Estinga Servicios Sociales, S.L.
Avda. do Camiño Francés, nº 4. 1º A
15704. Santiago de Compostela

Correo electrónico: cinensino@estinga.com

Web: www.estinga.com

Saltar o menú de ferramentas

Menú de ferramentas