Encóntrase en:
Prevención do consumo de drogas a través da elaboración, distribución e implantación de materiais didácticos e recursos educativos; campañas de promoción da saúde, educación en valores e apoio ó profesorado. Entre os nosos programas e actividades destacan os seguintes:
Programa dirixido a toda a comunidade escolar que se desenvolve mediante a difusión dos materiais didácticos de prevención do consumo de drogas elaborados polo Plan de Galicia sobre Drogas.
Este programa de prevención de drogodependencias utiliza como soporte base o cinema, traballa a educación en valores e aborda factores de risco e protección.
Intervención socioeducativa nas aulas para fomentar nos mozos/as un coñecemento do propio corpo e unha sexualidade responsable, a través da prevención de Embarazos non Desexados, ITS e VIH/SIDA.
Información sobre o que os/as adolescentes deben saber sobre as drogas.