Encóntrase en:
Información, formación, orientación e asesoramento a mozos/as, familias e poboación en xeral
Intervencións con familias, mozos/as e poboación xeral, coa finalidade de proporcionar información e asesoramento sobre as drogodependencias e o seu tratamento, axudar a buscar solucións, rebaixar a idade de inicio no consumo, tentar reducir os factores de risco e mellorar os de protección.
Actividades:
- Proporcionar información relevante para a prevención das drogodependencias e o seu tratamento.
- Orientar e apoiar ás familias dos afectados pola problemática.
- Asesoramento a quen o precise acerca de como deben actuar ante unha situación de consumo.
- Información, orientación e asesoramento a toda persoa, grupo social ou institución que solicite unha demanda.
- Entrevistas con pais/nais e afectados para analizar persoalmente cada caso e procurarlles a solución máis adecuada.
- Canalizar e xestionar posibles derivacións hacia unidades de tratamento.