Encóntrase en:
Grupos de formación e apoio
As familias, e en concreto as nais, ante un problema de drogodependencias soen ser as coidadoras principais e as responsables na busca de axuda profesional e do tratamento. Moitas delas ante esta situación soen sentir un gran desconcerto, desorientación e un estrés continuado que, ó minar a súa estabilidade emocional, pode dar lugar a un cadro ansioso-depresivo, de aí a importancia de ofrecerlles apoio psicolóxico e traballar todos estes aspectos.
O traballo con familias de drogodependentes céntrase basicamente en:
- Proporcionar información acerca dos diferentes estadios ou fases polas que pasa un drogodependente.
- Brindar apoio psicolóxico e adestramento en estratexias de enfrontamento, para contrarrestar a tensión a que están sometidas durante todo o tratamento, que lles permita avanzar na resolución dos problemas que se lles vaian plantexando.
- Conciencialas da importancia da implicación do resto da familia tentando conseguir, se é necesario, cambios na súa estrutura que posibiliten unha maior efectividade no tratamento.
- Preparalas para que enfronten adecuadamente posibles recaídas do/a drogodependente.