Encóntrase en:
O consumo de drogas constitúe un problema de profundas repercusións sociais. De feito é considerado un problema comunitario que afecta non so ó individuo senón tamén ó seu entorno, implicando a totalidade do colectivo social.
É unha realidade que o consumo de drogas conduce á delincuencia e multiplica a frecuencia delictiva dos suxeitos con hábitos antisociais, distinguindo así ó drogodependente-delincuente (comete actos delictivos pola súa adicción á sustancias-droga) do delincuente-drogodependente (individuo con hábitos antisociais que se ven incrementados polo consumo de sustancias).
Por outra parte, o actual sistema penal castiga a maioría dos delitos ca pena de privación de liberdade e esta debe cumprirse nuns centros penitenciarios que distan moito de reunir as condicións mínimas para favorecer a inserción social dos penados/as e que, polo contrario, contribúen á inadaptación social dos mesmos/as (masificación, consumo de drogas, etc.).
Dito o que antecede, plantexámonos como un tema prioritario o abordar o tema das drogodependencias e a súa relación co mundo da delincuencia, coa finalidade sobre todo de contribuír a unha maior concienciación do problema e de plantexar, na medida do posible, alternativas que poidan aplicarse para a incorporación social dos/das drogodependentes.
Xustifícase pois unha coordinación entre os Servizos Sociosanitarios, a Administración de Xustiza, a Policía e todos aqueles estamentos que, dunha forma ou outra, teñan algún tipo de intervención no campo das drogodependencias.
Informar e orientar sobre o proceso xudicial e/ou terapéutico a:
A forma de recolle-las demandas pode ser múltiple:
É necesaria unha entrevista inicial co usuario/a onde se recollan todos aqueles datos que poida aportar en relación á problemática legal que presenta. A resposta á demanda centrarase na solución dos problemas plantexados, efectuando unha análise da realidade que leve a formular unha resposta axeitada.
O programa por criterios de eficacia e operatividade, e a través dun convenio de colaboración co concello, está ubicado nas instalacións do Servizo Municipal de Drogodependencias e, un día á semana, no local social da Asociación Renacer.