Encóntrase en:

  1. · Inicio
  2. · Servizos
  3. · Ámbito comunitario

Ámbito comunitario

Información, formación, orientación e asesoramento a mozos/as, familias e poboación en xeral

Servizo de información sobre adiccións e o seu tratamento, que funciona de forma permanente no local da entidade.

Charlas formativas-informativas

Actividade encamiñada a traballar a prevención e a sensibilizar a poboación fronte o fenómeno das drogodependencias.

Grupos de formación e apoio

Para dotar as familias de drogodependentes dun lugar no que poder compartir experiencias, traballar as dificultades que normalmente aparecen asociadas o consumo, solucionar problemas, dúbidas e incrementar a súa autoestima.

Apoio e asesoramento psicolóxico

Servizo encamiñado a axudar ós que o precisen a atender as dificultades que se lle presenten en relación co consumo de drogas e o desenvolvemento de control e abordaxe de posibles conflitos e crises.

Atención xurídico-social

Programa de asesoramento e orientación ó drogodependente e á súa familia, no ámbito legal.

Prevención do VIH/SIDA

Programa de prevención do VIH/SIDA e outras enfermidades de transmisión sexual dende unha perspectiva comunitaria, como complemento ó traballo de prevención das drogodependencias.

Programa cambio de sentido

Intervención nas autoescolas para sensibilizar ós alumnos/as sobre alcohol, outras drogas e condución. A actividade desenvolvese ó longo dalgunha das sesións de preparación da parte teórica, incidindo na incompatibilidade do binomio condución e drogas.

Lévao contigo!! Cambio de sentido Manual de bolsillo

Saltar o menú de ferramentas

Menú de ferramentas