Cual es la diferencia de eyacualcion y orgasmo?

O orgasmo e a exaculación son dous procesos diferentes, aínda que a maioría das veces prodúcense de forma simultánea.O orgasmo refírese a un conxunto de contraccións musculares que teñen lugar na pelvis, de forma rítmica, que liberan a tensións sexual e normalmente van acompañadas dunha sensación física e psicolóxica de pracer. A exaculación refírese a expulsión de séme a través do pene.Agora ben, pode ocorrer unha exaculación sen que haxa orgasmo e tamén pode haber orgasmo, alcanzándose o clímax sexual, pero sen exaculación (e que se coñece como orgasmo seco ou retrógrado). Neste último caso, o séme en vez de ser expulsado polo pene queda dentro da vexiga como consecuencia dun mal funcionamento do músculo ou como efecto secundario dalgunhos medicamentos para a próstata, a presión arterial ou depresión entre outros. Sen que exista ningunha patoloxía, este tipo de orgasmo é bastante común en preadolescentes.

17-07-2018