Si se leva un condón na carteira, ponse mal?

16-08-2016

O problema de levar un condón na carteira é que que pola calor ou a fricción este poida deteriorarse e cando non se utiliza nas condicións adecuadas, en perfecto estado, e/ou falla, o só feito de que o esperma ou unha pequena parte do mesmo caia na vaxina é practicamente coma se non se utilizase ningunha protección, quedando expostos/as a calquera enfermidade ou embarazo non desexado.

Para asegurar unha boa efectividade sempre que se use condóns debese conservar de maneira adecuada tendo en conta o seguinte:

- A temperatura debe ser adecuada para non afectar o material co que están feito, entre os 40 e 32°C é unha boa temperatura de almacenamento.

- O lugar adecuado para o almacenamento debe ser onde non exista contacto con algo punzante que poida perforar o plástico que o garda ou o mesmo condón.

- Non se deben dobrar ou engurrar. Débense gardar en lugares onde haxa suficiente espazo para eles (na carteira pode non haber o suficiente espazo).

- Fixarse sempre na data de caducidade.

- Gárdalos nun lugar seco, onde non exista contacto coa auga ou calquera outro líquido.

- Ao despegalos ten coidado para que non rompa o plástico recipiente do outro.

Polo que cando se leven encima no peto ou a carteira procurar levalos nun peto único, onde non se teñan artigos que poidan danalos. Do mesmo xeito, se se levan no bolso, procurar levalos nun peto a parte para que non se estraguen.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.