Medo por embarazo

Eu tomo pastillas anticonceptivas e teño de descanso unha semana , polo tanto teño que tomala hoxe ás 10 da noite. Pola tarde tiven relacións e meu mozo exaculou dentro, non pasa nada? porque son nova en isto ..As pastillas sempre as tomo ben e con descanso dunha semana.

09-07-2018

Durante os días de descanso a píldora seguen mantendo o seu efecto anticonceptivo, o mesmo que cando se toman as pastillas. Así que non tes motivos para preocuparte, aínda que houbera exaculación xa que, como comentas, as tomas correctamente.

Lembrar que a eficacia da píldora está entre un 95-97% (dependendo das fontes consultadas) cando se toma dun xeito correcto. É dicir, todos os días a mesma hora e se se producen vómitos ou diarrea nas horas seguintes volver a tomar outra pastilla.

Espero que a resposta resolvera as túas inquedanzas senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes outra dúbida. Grazas.