Pregúntanos

  • Que pasa si no me masturbo? (Hombres)

    A masturbación é unha actividade sexual normal, común entre homes e mulleres de todas as idades, e xoga un papel clave no desenvolvemento sexual saudable das persoas. Faise por moitos motivos: pracer, desfrute, diversión e liberación de tensión. Algunhas persoas mastúrbanse soas, e outras fano coa súa parella ou outra persoa.

    Cando os homes non teñen sexo ou non se masturban, pola noite, poden ter polucións nocturnas, un mecanismo fisiolóxico que libera os xenitais dunha excesiva acumulación de líquido seminal.

  • Cual es la diferencia de eyacualcion y orgasmo?

    O orgasmo e a exaculación son dous procesos diferentes, aínda que a maioría das veces prodúcense de forma simultánea.O orgasmo refírese a un conxunto de contraccións musculares que teñen lugar na pelvis, de forma rítmica, que liberan a tensións sexual e normalmente van acompañadas dunha sensación física e psicolóxica de pracer. A exaculación refírese a expulsión de séme a través do pene.Agora ben, pode ocorrer unha exaculación sen que haxa orgasmo e tamén pode haber orgasmo, alcanzándose o clímax sexual, pero sen exaculación (e que se coñece como orgasmo seco ou retrógrado). Neste último caso, o séme en vez de ser expulsado polo pene queda dentro da vexiga como consecuencia dun mal funcionamento do músculo ou como efecto secundario dalgunhos medicamentos para a próstata, a presión arterial ou depresión entre outros. Sen que exista ningunha patoloxía, este tipo de orgasmo é bastante común en preadolescentes.

  • Medo por embarazo

    Eu tomo pastillas anticonceptivas e teño de descanso unha semana , polo tanto teño que tomala hoxe ás 10 da noite. Pola tarde tiven relacións e meu mozo exaculou dentro, non pasa nada? porque son nova en isto ..As pastillas sempre as tomo ben e con descanso dunha semana.

  • Dubida

    Se o fixen cun rapaz fai 5 meses con condón e veume a regra 3 veces pero este mes se me retrasou 3 días e durou tres días menos do debido, pode que estea embarazada ?

  • Duda

    Ola María, son a do outro dia que che comentei o da pastilla anticonceptiva que nalgúns meses manchaba e noutros non, pois decidín deixar a pastilla este sábado vai facer 15 dias que debería comezar a tomala (deixeina por facer un descanso) agora a miña preocupación é como no ultimo mes non me baixou que agora a deixe de tomala que non que volva a baixar nunca mais, iso non e posible verdade?

  • Duda

    Ola, María son a do outro dia que che dixo que estaba tomando a pastilla e que nun mes veume ben pero o pasado non me baixou, tiña que empezar a tomar a píldora o sábado pasado e non a empecei para facer un descanso, que non me baixara o mes pasado non quere dicir que este por deixar a pastilla me volva a pasar verdade? Ou outra cousa peor que se me vaia a regra para sempre?

  • Duda

    Ola María, xa levo mais de dous anos tomando a píldora anticonceptiva, e ás veces nos días de descanso cando me ten que vir a regra non manchaba nada ou si manchaba era unha manchiña de nada marrón e listo.

    Xa fai tempo que me esta vindo normal a regra hasta o mes pasado que tiven unha manchiña de nada e este mes non manchei nada, eu aínda así preocúpome por si teño algo mal nos ovarios ou así porque embarazo sei que no porque este mes a miña parella esta no mar. E agora outra pregunta si quero descansar de tomar a pastilla anticonceptiva é mellor que llo diga antes de facelo a xinecóloga?

  • Urxente

    Ola, fai dúas horas aproximadamente mantiven relacións sexuais co meu mozo. Nós nunca usamos preservativo por que eu tomo as anticonceptivas todos os días a mesma hora. El exaculou dentro de min as dúas veces que o fixemos. E agora pasadas dúas horas mancho sangre como si me baixara a regra, pero aínda me queda una semana para acabar as anticonceptivas e para que me baixe a regra. A que se debe isto? Grazas e un saúdo.

  • É urxente

    Se fumas con 13 anos, pode facer o tabaco que teñas a regra irregular?

  • Dúbida

    Son muller e estiven con outra muller e fixémonos dedos, como podo saber que non contraímos nin ela nin eu ningún tipo de enfermidade? como podo facer para evitar este risco ó 100% nas próximas veces?

  • Duda

    Ter infección por candidiase vaxinal pódeche producir cancro de cervix ou algo relacionado? Grazas.