Encóntrase en:

  1. · Inicio
  2. · Pregúntanos
  3. · Pregunta do 28-12-2010

Pregunta do 28-12-2010

Qué perigos de contaxio de enfermidades venéreas existen nas relacións sexuais entre dúas mozas?

Resposta

As denominadas enfermidades venéreas ou Infeccións de Transmisión Sexual (ITS) son infeccións que xeralmente se adquiren a través de prácticas sexuais cunha persoa infectada. Outras ITS non se adquiren necesariamente a través da relacións sexuais, pero poden transmitirse por ese medio á parella.

Nas relacións sexuais entre mulleres existe un concepto equivocado sobre o risco de transmisión de ITS, pensase que apenas teñen risco debido que asociamos as ITS á penetración e esquecemos que están causadas por organismos que viven en diferentes fluídos corporais, como poden ser a sangue, as secrecións vaxinais e o seme e través destes poden pasar dunhas persoas a outras con outras prácticas diferentes, tales como o sexo oral ou por frotar as vaxinas. Ademais poden afectarnos repetidamente xa que non xeran inmunidade e non hai vacina contra elas.

O risco de contaxio varía enormemente dependendo do tipo de ITS, por exemplo as infeccións de herpes xenital, virus de papiloma humano e as vaxinites bacterianas son facilmente transmisibles nunha relación sexual entre mulleres e noutras, e aínda que o risco é baixo está presente. Ademais, pode ocorrer que mulleres que teñen relacións con mulleres puideron ter relacións sexuais con homes e as algunhas ITS son máis facilmente transmisibles dos homes as mulleres.

Moitas veces as ITS non teñen síntomas ou poder pasar inadvertidos, polo que é posible vivir cunha ITS sen que a persoa se dea conta, por iso é importante que coñezamos os nosos óranos xenitais e así poder saber se houbo algún cambio que nos poida facer sospeitar dun contaxio. Os síntomas máis frecuentes, nas mulleres, que deben facer pensar que puido contraer unha ITS son:

  • Fluxo anormal na vaxina con ou sen cheiro desagradable.
  • Ulceras, ronchas, verrugas ou ampolas cerca dos xenitais, ano ou boca.
  • Inflamación dun ou máis ganglios cerca á úlcera.
  • Dor na zona pélvica.
  • Prurito ó redor dos xenitais.
  • Ardor ó ouriñar ou defecar.
  • Sangrado pola vaxina sen que sexa pola menstruación ou tras unha relación sexual.
  • Dor na vaxina durante as relacións sexuais, de aparición repentina.

 

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.

Saltar o menú de ferramentas

Menú de ferramentas