Encóntrase en:
09-08-2010
Os cigarros levan hoxe novos aditivos como os azucres, o mentol, o amoníaco ou o cacao que, en combustión, xeran unha dependencia no fumador/a moito maior que a nicotina por si soa.
Só o cinco por cento das persoas que se administran gomas de mascar farmacolóxicas de nicotina vólvese adicto/a á sustancia. Ós cigarros, en cambio, fanse dependentes o oitenta por cento dos fumadores/as. A razón: a nicotina pura é bastante menos aditiva que o tabaco vexetal, polo que se os cigarros non tivesen elementos suplementarios resultaría menos complicado deixar de fumar.
Só o cinco por cento das persoas que se administran gomas de mascar farmacolóxicas de nicotina vólvese adicto/a á sustancia. Ós cigarros, en cambio, fanse dependentes o oitenta por cento dos fumadores/as. A razón: a nicotina pura é bastante menos aditiva que o tabaco vexetal, polo que se os cigarros non tivesen elementos suplementarios resultaría menos complicado deixar de fumar.
Esta é a razón polo que o Comité Nacional para a Prevención do Tabaquismo, que agrupa a numerosos profesionais sanitarios de todo o país, vai pedir ó Goberno que regule e impida o uso de aditivos que aumenten a adición á nicotina. “A regulación non eliminará a maioría dos riscos de fumar, pero os fumadores/as merecen unha mellor información sobre os produtos que consomen”, afirma o médico de familia, vicepresidente do comité e profesor da Facultade de Medicina de Zaragoza, Rodrigo Córdoba.
Os cigarros actuais conteñen a metade de tabaco auténtico que os que se fumaban fai corenta anos, debido, entre outras razóns, a que os fabricantes engaden agora entre 400 e 600 sustancias co suposto fin de personalizar e darlle sabor o produto. Desta maneira, un cigarro está composto nun cincuenta por cento por tabaco vexetal, nun corenta por cento de refugallos do tabaco e un dez por cento de produtos químicos.
A denuncia do mencionado comité contra o tabaquismo apóiase tamén nun estudo recente do Comité Científico para a Identificación dos Novos Riscos Emerxentes da Comisión Europea de Saúde Pública, onde se alerta dos aditivos que posúe o tabaco que se comercializa hoxe e onde se explica por que a industria segue contando con tan ampla liberdade de acción. En España e en Europa só existe normativa en relación cos niveis admitidos de alcatrán, nicotina e monóxido de carbono, “pero a imaxinación dos fabricantes poden chegar tan lonxe como marquen as súas ambicións comerciais”, apunta o portavoz do Comité de Prevención do Tabaquismo.
O punto candente é que moitos dos produtos agregados non son nocivos contemplados illadamente, aínda que si o son a resultas do proceso de combustión que ten lugar mentres se queima o cigarro. Algúns exemplos:
O comité contra o tabaquismo lembra tamén que, no seu desexo de facer cada vez máis rendible o seu negocio, a industria incorpora crecentemente elementos como dióxido de carbono, nitróxeno ou isopentano para expandir o tabaco e conseguir así fabricar un maior número de cigarros a menor custo. “Todo vale, mesmo agregar subprodutos ou refugallos do tabaco orixinal, como talos, partículas pequenas ou po de folla”, comenta o doutor Córdoba. E que ninguén se equivoque: o tabaco de lear porta máis produtos químicos mesmo que os cigarros.
FONTE: AS DROGAS INFO