Novas

cartel da campaña

31-05-2019

Día Mundial Sen Tabaco 2.019: Actividades

Con motivo da conmemoración o 31 de maio do Día Mundial sen Tabaco dende a Asociación Renacer, temos previsto levar a cabo unha serie de actividades informativas e de sensibilización.

cartel web OMS

30-05-2019

Día Mundial Sen Tabaco 2.019

O 31 de maio de cada ano, a Organización Mundial da Saúde (OMS) e os seus asociados mundiais celebran o Día Mundial sen Tabaco. 

Este ano céntrase no " tabaco e a saúde pulmonar".  A campaña pretende concienciar sobre os seguintes aspectos:

  • As consecuencias negativas para a saúde pulmonar que acarrea o tabaco, que van dende o cancro ata enfermidades respiratorias crónicas.
  • O papel fundamental que desempeñan os pulmóns para a saúde e benestar das persoas.

02-04-2019

Un estudo da USC alerta da falta de control de menores nos locais de xogo.

Os datos provisionais do estudo levado a cabo polo grupo da USC dirixido por Antonio Rial Boubeta, poñen de manifesto que o 23,5% de xóvenes entre 12 e 17 anos fixeron apostas algunha vez.

Ainda que moitos dos xóvenes apostan por internet, hai un considerable incremento das apostas presenciais, ademáis o 86% dos que apostan por internet tamén o fan presencialmente.

A partir destes datos iniciais, o equipo de Rial realizou unha estimación da adición ó xogo, do cal se deduce que un 2,2% do total dos adolescentes xa poden ter problemas co xogo eun 1,8% serán usuarios problemáticos, con altas capacidades de desarrollar un trastorno de xogo no futuro.

Estes xóvenes saben que apostar é ilegal, sen embargo, cando acoden a un bar para apostar non se atopan con obstáculos. Tamén é chamativo o feito de que dous de cada tres proxenitores saben que os seus fillos apostan.

Sin título

13-12-2018

Enquisa sobre Alcohol e Drogas en España 2017/18

O consumo de todas as drogas, excepto o cannabis e o tabaco, estabilizouse nos últimos dous anos na poboación española de 15 a 64 anos, segundo despréndese da Enquisa sobre Alcol e outras Drogas en España (EDADES) 2017-2018, elaborada pola Delegación do Goberno do Plan Nacional sobre Drogas e que publicou o Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social.

Os datos de EDADES 2017-2018 confirman que as drogas consumidas por unha maior porcentaxe de persoas son as legais. En primeiro lugar, o alcol (o 75,2% dos enquisados consumiuno no último ano; o 77,6% facíao en 2015) e en segundo lugar o tabaco (o 40,9% fumou tabaco no último ano, respecto ao 40,2% en 2015). Os hipnosedantes (con ou sen receita), son a terceira sustancia (11,1% actual por 12,0% en 2015) e en cuarto lugar sitúase o cannabis (11,0% por 9,5% en 2015).

Cartel Sida 2018

27-11-2018

Día Mundial da Sida

“Coñece o teu estado” é o lema deste ano do Día Mundial da Sida, cuxo 30 aniversario celebrarase o día 1 de decembro.

Desde 1988, fixéronse importantes progresos na resposta á sida e, a día de hoxe, tres de cada catro persoas que viven co VIH coñecen o seu estado serolóxico. Con todo, e tal e como mostra o último informe de ONUSIDA, aínda queda moito camiño que percorrer, e devandito camiño pasa por chegar ás persoas que viven co VIH e non coñecen o seu estado e por garantir que teñan acceso a servizos de asistencia e prevención de calidade.

Cartel do evento

09-11-2018

Cea Benéfica

O próximo día un de decembro, as nove e media da noite no restaurante Baiuca, terá lugar a nosa 19ª Cea Benéfica. No transcurso da mesma faremos un recoñecemento público o ex comisario da Policía Nacional, D. José García García, tanto pola súa traxectoria profesional como pola súa implicación persoal, no ámbito das drogodependencias.

A coincidencia da data da cea co Dia Mundial da Sida, fai que a mesma sirva para dar visibilidade e xerar reflexión sobre unha problemática que, lonxe de desaparecer, segue tendo un elevado número de persoas afectadas, ademais de para recadar fondos que permitan poder continuar co desenvolvemento dos programas e servizos que a entidade ten en funcionamento.

Cartel Aprendendo a crecer

26-10-2018

“Aprendendo a crecer: Programa de adestramento en habilidades de vida e promoción da saúde”

Nun intento por mellorar e ser máis efectivos nas intervencións preventivas, no curso 2017-18, decidiuse dar un xiro o programa que vimos desenvolvendo desde hai tempo en secundaria e darlle una maior peso e espazo nas intervencións ás habilidades para vida. polo que dende Renacer puxemos me marcha o programa “Aprendendo a crecer: Programa de adestramento en habilidades de vida e promoción da saúde”.

Nesta segunda edición do programa, correspondente ó curso 18-19, seguirase afondando nos contidos que se comezaron a traballar na edición pasada e no adestramento de habilidades inter e intrapersoais que conduzan ós mozos e mozas un incremento da autoestima e a un mellor manexo das situacións sociais. Pártese do suposto de que mellorar nos/as adolescentes a súa competencia persoal e social pode reducir o inicio, retrasar ou diminuír o consumo de drogas e/ou outras conductas de risco.

Cartel da campaña

31-05-2018

Día Mundial Sen Tabaco 2018: actividades

Con motivo da conmemoración o 31 de maio do Día Mundial sen Tabaco dende a Asociación Renacer, temos previsto levar a cabo unha serie de actividades informativas e de sensibilización:

Cartel informativo

30-05-2018

Día Mundial Sen Tabaco 2018

O 31 de maio de cada ano, a OMS e os seus asociados celebran o Día Mundial Sen Tabaco co fin de poñer de relevo os riscos asociados co tabaquismo, tanto para a saúde como noutros ámbitos, e avogar por políticas eficaces para reducir o seu consumo. O lema do Día Mundial Sen Tabaco 2018 é: «Tabaco e cardiopatías».

A campaña busca chamar a atención sobre:

• a relación entre o tabaco e as cardiopatías e outras enfermidades cardiovasculares, entre elas o accidente cerebrovascular, que, conxuntamente, son as principais causas de morte no mundo;

• posibles medidas e accións que destinatarios importantes, entre eles os gobernos e o público en xeral, poden adoptar para reducir os riscos para a saúde causados polo consumo de tabaco.

Cartel informativo

16-03-2018

Enquisa sobre Uso de Drogas en Ensinos Secundarios en España (2016-2017)

Presentouse a XII edición da Enquisa sobre Uso de Drogas en Ensinos Secundarios en España (ESTUDES 2016-2017). A enquisa realízase a estudantes entre 14 e 18 anos.

O dato máis significativo que proporcionou esta última edición é que a idade media de inicio ao consumo de alcol atrásase por primeira vez aos 14 anos, cando o primeiro contacto co alcol segundo a primeira edición no ano 1994 era aos 13,5 anos máis ou menos.