Novas

Cartel da campaña

29-12-2011

"Eu non vendo alcohol a menores"

A Asociación Renacer, o Concello de Ribeira e o Concello de Noia están a poñer en marcha a primeira fase do "Proxecto Alcol" para sensibilizar á sociedade dos riscos do consumo abusivo de alcohol, especialmente en menores, e potenciala como axente preventivo nesta problemática. A través de medidas educativas, familiares e comunitarias de todos os sectores da sociedade poñeremos o noso esforzo para conseguir unha sociedade máis saudable.

A Xunta de Galicia promulgou a Lei 11/2010, do 17 de decembro, de prevención do consumo de bebidas alcohólicas en menores de idade. A mesma recolle entre os seus títulos: a prevención do consumo, as limitacións da oferta, os instrumentos de intervención para garantir as actuacións e as planificacións, coordinacións e a participación social.

Cartel da campaña

12-12-2011

Campaña de sensibilización social: Panos Brancos contra a Droga 2011

A problemática asociada ó consumo de drogas resulta especialmente inquietante en comunidades como Galicia, na que se asentan numerosas e importantes redes de narcotraficantes. A magnitude do problema que enfrontamos resulta por todos coñecida; superar ou, cando menos, mitigar os seus efectos é un dos grandes retos da sociedade galega.

Dentro das estratexias orientadas a lograr a redución da demanda, destacan especialmente as accións de prevención e sensibilización social, que se revelaron como a máis eficaces para facer fronte á apatía, a banalización do consumo e o alto grado de permisividade e tolerancia que parecen haberse instalado na sociedade.

Panos Brancos contra Droga

Concibida como unha campaña de sensibilización social, Panos Brancos converteuse desde a súa primeira edición no maior e máis contundente movemento social de rexeitamento ás drogas e o narcotráfico, facendo unha aposta en positivo pola saúde fronte ós graves problemas que supoñen as adicións e o tráfico de drogas.

Promovida e organizada pola Fundación Galega Contra o Narcotráfico, a campaña desenvolveuse o longo destes últimos anos a través de diferentes actos públicos mediante os cales os cidadáns pronúncianse en contra da droga e as bandas criminais do narcotráfico, utilizando principalmente a simboloxía de panos e bandeiras brancas como icona visible do seu compromiso.

A campaña diríxese a toda a sociedade galega, con especial atención para o colectivo de mozos e mozas, un dos grupos máis vulnerables fronte a este problema e faise cada ano de xeito itinerante por diversas cidades de Galicia, sendo Riveira este ano o lugar escollido.

No desenvolvemento das diversas actividades que se levarán a cabo dende agora, e rematarán coa conmemoración do Dia Mundial contra o Tráfico Ilícito e o Uso Indebido de Drogas participan a Asociación Antidroga Renacer , Fundación Galega contra o Narcotráfico e o Concello de Riveira.

Recortes nas axudas ás Organizacións Non Gobernamentais

07-12-2011

As ONG vinculadas ao VIH/SIDA alertan sobre a situación actual do VIH en España

Aínda que o VIH estabilízase no mundo, as novas infeccións aumentan en España. A repercusión da crise económica nos programas de prevención e atención ás persoas con VIH e SIDA, así como no ámbito sanitario xeneral, porá en risco os dereitos fundamentais.

As ONG atendemos a un gran número de persoas en exclusión social que están fóra do sistema sanitario e a quen non se lles están dando alternativas de atención. O futuro da pandemia está en xogo porque o incremento de infeccións sen diagnosticar implica á saúde individual e colectiva, ademais de supor un impacto negativo no custo sanitario.

Cartel da campaña

29-11-2011

1 de decembro de 2011: Día Mundial da SIDA

Cada 1 de decembro, Día Mundial de Loita Contra a SIDA, persoas de todo o mundo suman esforzos para xerar unha maior conciencia do que supón o VIH/SIDA e mostrar solidariedade internacional ante a pandemia. Este evento brinda a todos os/as copartícipes, tanto públicos como privados, unha das máis oportunidades máis claras para dar a coñecer a situación e impulsar avances en materia de prevención, tratamento e atención aos afectados/as nos países con elevada prevalencia e tamén no resto do mundo.

A Asociación Renacer levará a cabo unha serie de actos informativos o vindeiro 1 de decembro. Estes actos están dirixidos á poboación en xeral e a mocidade en particular, tentando concienciar acerca da importancia da prevención na loita contra a SIDA e a de involucrarse na súa detección precoz.

Instaláranse diversas mesas informativas na rúa peonil do concello e nos tres institutos de ensinanza secundaria, nas que se repartirán lazos vermellos, material informativo e preservativos. Ademais no IES Nº 1 para achegar tamén a información ás persoas que acoden á ensinanza de adultos en horario de tarde impartirase unha charla sobre sexualidade e SIDA, trala que se colocará outra mesa informativa. Estas actividades englobánse no programa de prevención do VIH-SIDA e outras ITS da Asociacion Renacer e complementan a labor que se está a levar a cabo cos mozos e mozas nos centros de ensino secundario a través de diversos obradoiros de Educación Afectivo-Sexual e Sexo Seguro.

Cartel da campaña

29-11-2011

Campaña: Light for Rights (ONUSIDA)

A campaña de Light for Rights conmemora o tema deste ano para o Día Mundial da SIDA: dereitos humanos e acceso universal. Este ano, alenta a que 100 cidades de todo o mundo apaguen as luces dos monumentos públicos para lembrar o devastador efecto que a SIDA tivo e que acendan novamente as luces para iluminar os dereitos humanos fundamentais compartidos por todos pero xeralmente negados ás persoas seropositivas.

A campaña de Light for Rights envía unha mensaxe de esperanza ao mundo”, dixo Michel Sidibé, Director Executivo de ONUSIDA. “O poder da luz pode levar a mensaxe de que os dereitos humanos son esenciais para a resposta á SIDA”.

Preservativo

25-11-2011

Aumentan os casos de sífilis porque os mozos e mozas usan menos o preservativo

O número de casos de persoas afectadas por sífilis aumentou un 16 por cento e fíxoo fundamentalmente porque a mocidade está a “relaxarse”no uso do preservativo, por iso é polo que a comunidade médica aconséllalles que “non baixen a garda” cando realicen prácticas de risco.

Esta é unha das conclusións da “Guía de Boa Práctica Clínica en Infeccións de Transmisión Sexual”, presentada pola Organización Médica Colexial (OMC) e realizada por dez especialistas en medicina familiar, epidemiolóxica, dermatoloxía e venereoloxía.

Globo terráqueo

22-11-2011

Preto do 50% das persoas elixibles para a terapia antirretrovírica teñen acceso na actualidade a un tratamento que salve a súa vida

Un novo informe do Programa conxunto das Nacións Unidas sobre o VIH/SIDA (ONUSIDA), publicado o 21 de novembro, demostra que o 2011 foi un ano de cambio no que á resposta á SIDA refírese grazas ao progreso da ciencia, o liderado político e uns resultados sen precedentes. Así mesmo, o informe sinala que as novas infeccións polo VIH e as mortes relacionadas coa SIDA descenderon até os niveis máis baixos desde que a epidemia alcanzase o seu máximo. As novas infeccións polo virus reducíronse un 21% desde 1997, e as enfermidades relacionadas coa SIDA diminuíron nun 21% desde o ano 2005.

“Mesmo nunha crise financeira moi complicada, os países están a ofrecer resultados no ámbito da resposta á SIDA”, declarou Michel Sidibé, director executivo de ONUSIDA. “Fomos testemuñas dun aumento xigantesco do acceso ao tratamento do VIH, que tivo un impacto significativo nas vidas de persoas de todo o planeta”.

Cartel da campaña

15-11-2011

Proxecto Alcol: Programa de Prevención do Uso e Abuso de Alcohol na Mocidade

A Asociación Renacer en coordinación co Concello de Riveira e o Concello de Noia desenvolverán un proxecto de prevención do consumo de alcohol: “ Proxecto Alcol: Programa de Prevención do Uso e Abuso de Alcohol na Mocidade”.

Este ten como principal obxectivo potenciar a comunidade como axente preventivo no consumo e abuso de alcohol, especialmente en menores. A presentación do mesmo será o 15 de novembro, a que a Organización Mundial da Saúde (OMS) celebra nesta data o "Día Mundial Sen Alcohol".

Persoa durmindo

08-11-2011

O consumo de cocaína altera o soño

Un equipo de investigadores do Conicet (Consello Nacional de Investigacións Científicas e Técnicas) puido probar que basta un día de abuso desta droga para que se alteren os ritmos de soño e vixilia, e prodúzanse modificacións neuronais.

Non é unha novidade que o abuso de cocaína a longo prazo xera a morte masiva de neuronas. Pero agora un equipo de investigadores do Conicet (Consello Nacional de Investigacións Científicas e Técnicas) puido probar que basta un día de abuso desta droga para que se alteren os ritmos de soño e vixilia, e prodúzanse modificacións neuronais. O estudo arxentino analizou os efectos en ratos logo dun "atracón" de cocaína.

Cartel informativo

04-11-2011

Cea benéfica: agracedementos

A directiva da Asociación Antidroga Renacer agradece a resposta social solidaria mostrada por todas aquelas persoas e entidades como Ambar, Amicos, Cruz Vermella, Cáritas, Unicef, Mans Unidas, Naútico, Fundación Galega contra o Narcotráfico e demais colectivos sociais, que acudiron á cea benéfica celebrada o pasado venres 28 de outubro, así como a todos aqueles/as, que ao non poder asistir, contribuíron coas súas achegas á Fila Cero.