Novas

SALTAPLANETAS

27-02-2017

A FAD lanza un xogo en liña para previr o consumo de alcol en adolescentes

A FAD e a Delegación do Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas, coa colaboración da Fundación Reina Sofía, puxeron en marcha en toda España a xincana virtual Saltaplanetas, un programa para previr os posibles problemas relacionados cos consumos de alcol en adolescentes de 12 a 14 anos. Saltaplanetas consiste na realización -a través de Internet- dunha actividade que expón unha serie de xogos relacionados entre si, coa finalidade de facilitar momentos de reflexión en torno ao consumo de alcol. A inscrición é gratuíta e realizarase exclusivamente a través da páxina web www.saltaplanetas.org. O prazo para participar finaliza o 19 de maio de 2017.

sin-t--tulo-sida

30-11-2016

1 de decembro de 2016: Día Mundial da SIDA

Cada 1 de decembro, Día Mundial da SIDA, persoas de todo o mundo suman esforzos para xerar unha maior conciencia do que supón o VIH/SIDA e mostrar solidariedade internacional ante a pandemia.

Este evento brinda a todos os/as copartícipes, tanto públicos como privados, unha das máis oportunidades máis claras para dar a coñecer a situación e impulsar avances en materia de prevención, tratamento e atención aos afectados/as nos países con elevada prevalencia e tamén no resto do mundo.

sin-t--tulo_1

04-11-2016

Cea Benéfica

A Asociación Renacer celebrará o vindeiro 26 de novembro a súa tradicional Cea Benéfica. O obxectivo da mesma é é recadar fondos para poder continuar co desenvolvemento dos programas e servizos que esta entidade ten en funcionamento posto que, por mor da crise que o noso país vén atravesando nos últimos anos, seguimos sufrindo importantes recortes nas subvencións que percibimos, o que dificulta en gran medida o noso funcionamento.

Cartel informativo

26-10-2016

Ensinando a crecer: Escola de Pais e Nais

A Asociación Antidroga Renacer pon en funcionamento a Escola de Pais/Nais “Ensinando a crecer”, correspondente ó curso 2016/2017. Esta actividade articulase coma un espazo de información, formación e reflexión sobre aspectos relacionados coas funcións parentais.

É un recurso de apoio ás familias con menores para que poidan desenvolver axeitadamente a súas funcións educativas e socializadoras, superar situacións de necesidade e risco, e contribuír a modificación de condutas e a adquisición de pautas saudables de dinámica familiar.

Cartel informativo

30-09-2016

Aprendendo a crecer: Programa de prevención escolar en secundaria

A Asociación Renacer vai poñer en marcha “Aprendendo a crecer: Programa de prevención escolar en secundaria”, correspondente ó curso 2016-17, nos centros educativos do Concello de Riveira e do Concello de Porto do Son.

A escola é o lugar onde se pasa unha importante parte dos primeiros anos da vida. Xunto coa familia, é o ámbito onde o individuo vai crecendo, tanto a nivel individual como social, adquirindo coñecementos e habilidades básicas para o seu desenvolvemento.

Mozo escoitando música cos auriculares

29-09-2016

Novos riscos do consumo de alcol na adolescencia

Iniciarse no consumo de alcol entre os once e o trece anos relaciónase cun maior risco de sufrir alteracións psicolóxicas no futuro, segundo revela un estudo no que participa a Universidade Complutense de Madrid e a Universidade de Santiago de Compostela.

O estudo, realizado sobre unha mostra de 3.696 estudantes universitarios/as de dezaoito anos, revela que empezar a beber alcol a unha idade temperá asóciase concretamente cun aumento dos síntomas psicopatolóxicos, é dicir, de indicios que apuntan á posibilidade de padecer unha alteración psicolóxica no futuro. Ademais, como síntomas frecuentes observouse malestar corporal, hostilidade e agresividade.

Pastillas do medicamento preventivo

21-09-2016

Apróbase o uso de Truvada® como profilaxis preexposición na Unión Europea

A Comisión Europea aprobou o uso de fármaco Truvada® (un comprimido que combina os antirretrovirais tenofovir e emtricitabina) para o seu uso unha vez ao día como profilaxis preexposición (PrEP) fronte á transmisión por vía sexual do VIH. Este é o primeiro fármaco antiretroviral que se aproba en Europa para a profilaxis preexposición, en combinación con prácticas sexuais máis seguras, para reducir o risco de adquirir o VIH por vía sexual en persoas adultas en situación de elevada vulnerabilidade fronte ao virus.

No entanto, aínda que esta autorización de comercialización dá luz verde ao uso de Truvada® como PrEP na Unión Europea, serán as autoridades competentes de cada país as que decidan se lle dan o visto e prace e os sistemas sanitarios nacionais terán que decidir en que condicións se dispensará.

Debuxo dun cerebro humano

07-09-2016

A adicción “non” é unha enfermidade cerebral

A continuación deixamos un pequeno extracto dun artigo de opinión do Catedrático de Psicoloxía Clínica, Elisardo Becoña Iglesias sobre a concepción da adicción como enfermidade. Pódese consultar o artigo enteiro premendo aquí.

Nos últimos anos consolidouse a idea no campo médico-psiquiátrico de que a adicción é unha "enfermidade cerebral" como xa así recolle o DSM-5. No artigo analízase como xurdiu e consolidouse esta idea, as críticas que recibiu, as consecuencias profesionais se este modelo faise hexemónico, xunto aos intereses subxacentes ao mesmo. Conclúese defendendo a necesidade de mostrar achegas ao campo das adiccións, como o das variables psicolóxicas que son necesarias para a comprensión das adiccións, para a súa prevención, xunto co papel central do tratamento psicolóxico pola súa eficacia nas mesmas. Tamén debemos denunciar os reduccionismos, como o que representa o modelo de enfermidade cerebral fronte a un modelo biopsicosocial das adiccións.

Grupo de mozos

12-08-2016

O consumo de drogas por estudantes de ensinanza secundaria en Galicia é inferior á media estatal

A prevalenza do consumo de drogas por mozos/as galegos/as de entre 14 e 18 anos é inferior á media estatal, segundo se desprende dos resultados da Enquisa sobre o uso de drogas en ensinanzas secundarias en España (ESTUDES), realizada pola Delegación do Goberno para o Plan Nacional sobre drogas.

Segundo explicou o subdirector xeral de Programas de Fomento e Estilos de Vida Saudables, Jorge Suanzes, en 2014 -ano da última mostraxe- analizáronse 18 sustancias psicoactivas, e a enquisa amosa que, en Galicia, a substancia máis consumida polos/as estudantes é o alcohol, por encima do tabaco e o cánnabis. Tamén constata que o consumo de drogas ilegais está máis estendido nos homes e o de drogas legais -tabaco, alcohol ou hipnosedantes- entre mulleres. En todos os casos, excepto no de hipnosedantes, aumenta coa idade.

Portada do estudo

15-07-2016

Tendencias en adiccións en España

A UNAD presentou as conclusións do estudo sobre tendencia de adiccións e perfil das persoas atendidas por UNAD en 2015. O traballo, que se presenta hoxe, foi elaborado polo Colexio de Sociólogos e contou coa colaboración de 137 entidades adscritas á rede UNAD.

O perfil das persoas que solicitaron atención por problemas de adiccións o pasado ano é o dun home (61%), adulto de entre 26 e 44 anos (60%). As drogas máis consumidas entre as persoas que solicitaron axuda a UNAD son en primeiro lugar o alcol (25%), en segundo lugar a cocaína (24%), seguida do cannabis (21%). Hai que sinalar que o 80% das persoas que demandaron axuda son consumidoras de varias sustancias.