Novas

Cartel informativo

16-03-2018

Enquisa sobre Uso de Drogas en Ensinos Secundarios en España (2016-2017)

Presentouse a XII edición da Enquisa sobre Uso de Drogas en Ensinos Secundarios en España (ESTUDES 2016-2017). A enquisa realízase a estudantes entre 14 e 18 anos.

O dato máis significativo que proporcionou esta última edición é que a idade media de inicio ao consumo de alcol atrásase por primeira vez aos 14 anos, cando o primeiro contacto co alcol segundo a primeira edición no ano 1994 era aos 13,5 anos máis ou menos.

Man con cigarro

18-01-2018

Tras un primeiro cigarro, o 60% convértese en fumador/a

Polo menos o 61 por cento das persoas que proban o seu primeiro cigarro convértense, polo menos temporalmente, en fumadores/as diarios, segundo suxire unha análise dos datos da enquisa da Universidade Queen Mary de Londres, en Reino Unido. Os achados, de máis de 215.000 enquisados e publicados na revista “Nicotine & Tobacco Research”, proporcionan un forte apoio para priorizar os esforzos para reducir a tentación de probar os cigarros entre os adolescentes.

O investigador principal, o profesor Peter Hajek, do Queen Mary, subliña: "Esta é a primeira vez que se documentou o extraordinario control que os cigarros poden establecer despois dunha experiencia única a partir dun conxunto tan grande de datos".

BANNER_SIDA

28-11-2017

Día Mundial da Sida 2017: A miña saúde, o meu dereito

Nas vésperas do Día Mundial da Sida, que se celebra o 1 de decembro, ONUSIDA lanzou a campaña para o Día Mundial da Sida deste ano. A campaña, A miña saúde, o meu dereito, céntrase no dereito á saúde e explora os desafíos aos que se enfrontan as persoas de todo o mundo para exercer os seus dereitos.

“Todas as persoas, independentemente da idade, o xénero, o lugar no que viven ou as persoas ás que aman, teñen dereito á saúde”, afirmou Michel Sidibé, director executivo de ONUSIDA. “Sexan cales sexan as súas necesidades sanitarias, todos necesitan que os recursos sanitarios estean dispoñibles e sexan accesibles, de boa calidade e sen discriminación”.

Cartel informativo

31-10-2017

18ª Cea Benéfica

A Asociación Renacer celebrará o vindeiro día dezaoito de novembro a nosa 18ª Cea Benéfica. O obxectivo da mesma é é recadar fondos para poder continuar co desenvolvemento dos programas e servizos que esta entidade ten en funcionamento dado que, seguimos sufrindo importantes recortes nas subvencións que percibimos, o que dificulta en gran medida o noso funcionamento.

Cartel informativo

13-10-2017

Aprendendo a crecer

A Asociación Renacer puxo en marcha o programa “Aprendendo a crecer: Programa de adestramento en habilidades de vida e promoción da saúde”, correspondente ó curso 2017-18, nos centros educativos do Concello de Riveira e do Concello de Porto do Son.

O programa que se pon en marcha basease no adestramento en habilidades de vida que combina o adestramento en habilidades de resistencia co adestramento en habilidades persoais e sociais máis xerais. Este parte do suposto de que mellorar nos/as adolescentes a súa competencia persoal e social pode reducir o inicio, retrasar ou diminuír o consumo de drogas.

Pancarta da campaña

23-06-2017

26 de xuño: Por un mundo libre de drogas

Con motivo da conmemoración, o luns 26 de xuño, do Día Internacional da Loita contra o Uso Indebido e o Tráfico Ilícito de Drogas, a Asociación Renacer despregará a partir do venres día 23 unha pancarta desde o balcón do edificio do concello, ao obxecto de xerar unha reflexión acerca de que como o consumo destas sustancias constitúe un do vinte principais factores de risco para a saúde a nivel mundial.

Cocaína en pó

08-06-2017

España segundo país europeo en consumo de cocaína

A cocaína é a droga estimulante ilegal máis consumida en Europa, concretamente estímase que 17,5 millóns de adultos /as de 15 a 64 anos (5,2% da poboación) consumiuna nalgún momento da súa vida, sendo Reino Unido (9,7%), España (9,1%), Irlanda (7,8%), Italia (7,6%) e Francia (5,4%), os cinco países onde hai máis prevalencia de consumo.

Catro destes cinco países repiten no consumo de cannabis, que encabeza, na mesma franxa de idade, Francia (40,9%), Dinamarca (35,6%), Italia (31,9%), España (31,5%) e Reino Unido (29,4), todas por encima da media que mostra que un 26,3 por cento da poboación europea ha consumido cannabis.

Cartel da campaña

30-05-2017

Día Mundial Sen Tabaco 2017

O tabaco, unha ameaza para o desenvolvemento

O 31 de maio de cada ano, a OMS e os seus asociados celebran o Día Mundial Sen Tabaco co fin de poñer de relevo os riscos para a saúde asociados co tabaquismo e avogar por políticas eficaces para reducir o seu consumo. O lema do Día Mundial Sen Tabaco 2017 é: O tabaco, unha ameaza para o desenvolvemento. Contido da campaña:

− Na campaña demostrarase que a industria do tabaco compromete o desenvolvemento sustentable de todos os países, incluídos a saúde e o benestar económico dos seus cidadáns.

− Ademais, propoñeranse medidas de loita contra a crise mundial causada polo tabaquismo que deberán adoptar as autoridades e a opinión pública para promover a saúde e o desenvolvemento.

Dúas pastillas

19-05-2017

O tratamento antirretroviral aumenta a esperanza de vida en 10 anos nos países occidentais

Grazas ao tratamento antirretroviral, a esperanza de vida dos mozos/as europeos/as e norteamericanos/as co VIH aumentou en 10 anos. Este aumento débese en gran medida ás melloras nos fármacos antirretrovirais, os programas de prevención e diagnóstico precoz, as melloras no manexo do VIH resistente, a redución das interaccións medicamentosas e o mellor manexo das infeccións oportunistas e as comorbilidades. Todo iso conseguiu unha redución progresiva da mortalidade, en especial daqueles que empezaron o tratamento entre 2008 e 2010, segundo puideron observar os autores deste estudo publicado en The Lancet HIV a semana pasada.

448px-Truvada_pill_flask

21-04-2017

Escocia aproba o uso de Truvada® como profilaxe preexposición ao VIH

O Consorcio Escocés de Medicamentos (SMC, nas súas siglas en inglés) anunciou recentemente que deu a súa aceptación ao Servizo Nacional de Saúde de Escocia (SNHS) para o uso de Truvada® (tenofovir disoproxil fumarato [TDF]/emtricitabina) como profilaxe preexposición ao VIH (PrEP).

O anuncio foi realizado nun comunicado de prensa feito público en abril de 2017. O SMC afirma que se acepta o uso de Truvada® para axudar a previr a infección por vía sexual do VIH-1 en adultos que estean en situación de risco elevado de adquirir o virus e sinala que a PrEP con tenofovir (TDF)/emtricitabina constitúe un aspecto máis da estratexia preventiva do VIH e debe utilizarse en combinación cunhas prácticas sexuais seguras.