Encóntrase en:
· 01-09-2010
Un estudo realizado pola Universidade Médica de Taipei, en e, que se publicará o próximo novembro en "Alcoholism: Clinical & Experimental Research", demostrou en animais que o alcoholismo crónico pode alterar a expresión dos xenes relacionados co ritmo do reloxo biolóxico, regulador das actividades fisiolóxicas e as condutas da maioría dos seres vivos.
· 20-08-2010
A crenza popular asocia o hábito de fumar cun estado de relaxación e tranquilidade (quizá un merecido momento de evasión no medio dunha dura xornada), mentres que asocia o deixar de fumar coa ansiedade e axitación. Con todo, un estudo realizado no Reino Unido acaba de mostrar exactamente o contrario: as persoas que deixan fumar padecen menos tensións que quen o tentan e non o logran.
· 13-08-2010
Nun estudo preliminar, un equipo dirixido por investigadores do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) atopou unha proteína que actúa sobre a membrana que ten que atravesar o virus da inmunodeficiencia humana (VIH) para entrar nas células do organismo. Ó bloquear a proteína, a membrana faise máis ríxida e, por tanto, o paso do VIH é máis difícil.
· 09-08-2010
Os cigarros levan hoxe novos aditivos como os azucres, o mentol, o amoníaco ou o cacao que, en combustión, xeran unha dependencia no fumador/a moito maior que a nicotina por si soa.
Só o cinco por cento das persoas que se administran gomas de mascar farmacolóxicas de nicotina vólvese adicto/a á sustancia. Ós cigarros, en cambio, fanse dependentes o oitenta por cento dos fumadores/as. A razón: a nicotina pura é bastante menos aditiva que o tabaco vexetal, polo que se os cigarros non tivesen elementos suplementarios resultaría menos complicado deixar de fumar.
· 23-07-2010
Ao longo de 2009, 1,2 millóns de persoas co virus da inmunodeficiencia humana (VIH) comezaron a tomar os fármacos antirretrovirais, o que permitiu que a cifra total de persoas tratadas alcance os 5,2 millóns. Trátase do maior aumento de pacientes en terapia nun só ano, segundo os datos que presentou a Organización Mundial da Saúde (OMS) no primeiro día da XVIII Conferencia Internacional sobre Sida. "É un desenvolvemento incriblemente importante", indicou o doutor Hiroki Nakatani, membro da OMS.
· 16-07-2010
Este estudo realizado pola FAD en colaboración coa Obra Social Caixa Madrid e a delegación de Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas, ten como principal obxectivo analizar as escalas de valores da sociedade española de 15 a 64 anos, a base sobre a que se asintan os comportamentos e actitudes dos españois, e a súa evolución no últimos dez anos.
· 08-07-2010
O pasado 5 de xullo entrou en vigor a Lei Orgánica 2/2010, do 3 de marzo, de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo, cuxo obxecto é garantir os dereitos fundamentais no ámbito de saúde sexual e reprodutiva, regular as condicións da interrupción voluntaria do embrazo e establecer as correspondentes obrigas dos poderes públicos.
· 02-07-2010
Un estudo da Universidade de Granada demostrou que en relación ó que o corpo pode asimilar, a maior etapa de consumo de alcohol, prodúcese entre os 11 e os 14 anos.
Expertos/as do grupo de investigación Neuroplasticidade e Aprendizaxe da Universidade de Granada (UGR), coordinados/as pola psicobióloga Milagres Galo, analizaron os efectos que provoca a exposición temperá ó alcohol e outras drogas entre os máis novos/as.
· 25-06-2010
O 26 de xuño é o Día Internacional da loita contra o uso indebido e o tráfico ilícito de drogas. Este día, establecido pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas en 1987, serve para lembrar o obxectivo convido polos Estados Membros das Nacións Unidas de crear unha sociedade internacional na que non se usen indebidamente as drogas.
· 14-06-2010
O alcohol, o cannabis e os opiáceos son as principais drogas consumidas por aquelas persoas con este tipos de trastornos ligadas a condutas desadaptativas.