Encóntrase en:
Sobre o manexo de situacións de consumo experimental
Nesta apartado tratamos de propoñer unhas pautas xerais que sirvan de guía de actuación antes situacións que se nos poden presentar e diminúan esa sensación de indefensión e falta de seguridade no seu abordaxe.
Os primeiros contactos coas drogas
No entorno de amigos nos que a dispoñibilidade de substancias é grande e se exerce unha forte presión ó consumo, o uso de drogas é difícil e evitar. Rexeitar o consumo ofertado non soamente significa rexeitar ese consumo senón tamén o propio grupo.
Os pais/nais a miúdo preguntamos que podemos facer ante situacións as que os fillos/as frecuentan compañías non aceptadas por nós, por crer que poñen en risco o comportamento dos nosos fillos/as . Pero, tampouco pódese pretender que os fillos/as vivan a vida do mesmo xeito que nós o fixemos ou como nos houbera gustado vivila: hai aspectos que corresponden a eleccións persoais que temos que aprender a respectar.
Así as posturas baseadas na prohibición tampouco aseguran que consigamos o noso obxectivo e poden incitar os nosos fillos/as a facer xusto ó contrario como forma de rebeldía. Polo que parece máis acertado que baseemos a nosa actuación en posturas razoadas, de análise de riscos, de dialogo e persuasión. O mellor a nosa influenza non será inmediata pero pode ser recordada máis adiante cando xurdan problemas.
Tamén é importante comprender que o noso propio consumo de alcohol, por exemplo, condiciona o punto de vista dos nosos fillos/as, tal como vimos anteriormente. É recomendable que sexamos coherentes entre o que dicimos e facemos.
¿Que facer si se sospeita dun posible consumo?
Cando existen sospeitas de consumo sóense empregar diferentes procedementos para obter información. Para isto non é conveniente realizar rexistros nas pertenzas dos fillos/as, xa que esta información non a poderiamos empregar o falar con eles, pois provocariamos o seu rexeite non conseguiriamos o recoñecemento do seu consumo.
Existen unha serie de indicios que nos poden dar pistas sobre posibles hábitos de consumo de drogas cando xa existe unha adicción, pero debese ser moi cauteloso/a con etiquetar a alguén como drogodependente, xa que nos podemos equivocar. Con frecuencia, algúns dos indicadores que apuntamos responden a situacións conflitivas polas que pasan as persoas sen que teñan que ver necesariamente coas drogas.
A continuación ofrecémosche algunhas pautas ou síntomas que podes ter en conta á hora de intentar analizar os comportamentos dos fillos/as para atribuílos ou non a problemas de drogodependencia.
Pero insistimos na necesidade de proceder coidadosamente nesta interpretación, xa que son soamente indicadores, non síntomas directos destes consumos:
- Síntomas físicos: fatiga, problemas ó durmir, queixas continuas acerca da saúde, ollos irritados e sen brillo e tose persistente.
- Síntomas emocionais: cambios na personalidade, cambios rápidos de humor, comportamento irresponsable, pouco amor propio ou autoestima, carencia de xuízo, depresión, retraemento e falta xeral de interese.
- Síntomas de comportamentos inadecuados ca familia, como desobedecer as regras, retraerse ou deixar de comunicarse ca familia, ..e na escola interese decrecente, actitude negativa, notas baixas, ausencias frecuentes, faltas ó deber e problemas de disciplina.
Comportamentos comúns dun fillo/a que poden indicar un consumo de drogas| Sinal (signo ou síntoma) | Pode haber estado tomando ou tomar | Aínda que só se trate de |
|---|
| Ollos arroibados | | - Estar moito diante do ordenador.
- Estar moito tempo nun sitio cerrado.
- Estivo chorando.
- Está alegre.
|
| Moqueo da nariz constante | | - Está arrefriado/a.
- Ten alerxias.
|
| A roupa chéiralle a tabaco | | - Estivo nun lugar pechado con xente que fumaba.
|
| Ten un comportamento raro | | - Ten un problema que non sabe resolver.
- Namorouse.
- Perdeu interese polo que estuda.
|
| Faltan cartos na casa | | - Contraeu unha débeda.
- Ten un capricho "caro".
- Quere axudar a alguén.
|
| Falta a clase a miúdo | | - Perdeu interese polo que estuda.
- Está presionado polos amigos/as.
|
| Fracasa nos estudos, ata agora ía ben | | - Ten un problema que non sabe resolver.
- Namorouse.
- Perdeu interese polo que estuda.
|
| Comportase de forma moi agresiva | - Alcohol
- Cocaína
- Heroína
- Drogas de síntese
| - Ten un problema que non sabe resolver.
- Namorouse.
- Está frustrado/a por algo que non lle saíu ben.
- Está presionado polos amigos/as.
|
| Abandona as aficcións favoritas | | - Ten un problema que non sabe resolver.
- Namorouse.
- Está frustrado/a por algo que non lle saíu ben.
- Está presionado polos amigos/as
|
Sen embargo, algunhas destas sinais de aviso poden ser tamén sinais indicativas de outros problemas emocionais. ¡¡¡¡non debemos alarmarnos!!!!. Debemos comunicarnos cos nosos fillos/as para coñecer a raíz do problema.
Cando os pais/nais se preocupan e sospeitan dun uso/abuso de drogas debese facer ó/á adolescente unha avaliación por un/a psiquiatra ou psicólogo/a.
En definitiva, tampouco podemos deducir que, unicamente pola existencia dalgún destes factores, a persoa sexa un/a drogodependente; é necesaria a existencia conxunta de varios deles para que pidamos manter tal postura.
PARA MANEXAR O TEMOR que como pais/nais poidan sentir ó intuír que os nosos fillos/as usan drogas, os seguintes consellos poden servirnos de axuda:
- Non acusar os fillos/as dunha conduta cuxa veracidade ignorase e evitar reaccións esaxeradas.
- Buscar un momento axeitado no que poidamos falar sen interrupcións.
- Non abordar o tema no momento que estea baixo a influencia dalgunha sustancia.
- Decidir cal será a nosa reacción se o noso fillo/a nos di que consome drogas.
- Preguntarlle a súa opinión sobre as drogas, escóitao/a con.
- Se cremos que nos minte, non debemos enfadarnos, senón preguntarnos como resolver o conflito.
- Deixar ben claro que o que nos preocupa e a súa saúde e benestar.
- Solicita información veraz sobre as drogas.
- Debemos asegurarnos que sabe que estamos para axudalo/a a superar calquera dificultade.
- Deixar claro que actitudes consideramos aceptables e cales non toleraremos.
- Consulta a un/a especialista.
¿Que facer cando xa se iniciou o consumo de drogas?
En primeiro lugar é necesario desbotar calquera tipo de sentimento de culpa. O feito de que exista un problema de consumo de drogas na familia non significa que a responsabilidade recaia directamente nos pais/nais, nin significa que se equivocaran na actuación respecto a educación dos fillos/as.
- É necesario que o mozo/a vexa unha actitude de firmeza nos pais/nais. Non é conveniente que se demostre unha actitude de fracaso, nin de impotencia senón de enerxía e posibilidade de solucións.
- A disposición a prestar apoio deben ser manifestados en todo momento dunha maneira aberta e constante.
- As posturas que manifestan os distintos integrantes da familia deben estar coordinadas e ir nun mesmo sentido. É conveniente que a familia reúnase para tomar unha postura común antes de establecer o dialogo co fillo/a.
- Os pais/nais e nais deben saber que ante estas situacións non están sós. Existen profesionais para o tratamento. A consulta a estes debe ser descrita como unha primeira toma de contacto e de busca de información e orientación.
Actitudes para a busca de solucións
A continuación propoñémosche unha serie de consellos favorables para a busca de solucións, así como aquelas actitudes que resultan desfavorables.
Favorables
- Dialogar co noso fillo/a analizando as circunstancias que lle levaron ó consumo.
- Favorecer o acercamento, de xeito que nos vexa como alguén a quen recorrer en busca de axuda.
- Mostrar a afecto polo que o noso fillo/a é, non polo que fai.
- Reflexionar en común sobre as posibles formas de axuda.
- Entender que estamos ante un ser humano que ten problemas, non ante un "problema".
- Non debe ceder as chantaxes emocionais.
Desfavorables
- Desesperase. Non sempre quen se inicia no consumo de drogas se converte en consumidor/a habitual.
- Culpalo/as, nin “votarlle á cara” todo o que fixemos por el/a.
- Converterse en perseguidor/a, obsesionados/as por seguir os seus pasos.
- A crítica continua do seu comportamento.
- Acosalo/a continuamente con preguntas sospeitas, acusacións,... só conseguiremos que se afaste cada vez máis.
¿Que facer en casos de urxencias?
Unha sobredose da maioría das drogas causa tamén perda de conciencia. Se isto ocorre:
- Chama inmediatamente ó 112.
- Sitúa á persoa na postura de recuperación, de maneira que en caso de vómito, non se afogue.
- Se está baixos os efectos dunha intoxicación alcohólica severa, non lle deixes durmir só/a, posto que existe risco en caso de vómito. Vixía e asegúrate de que dorme sobre un costado e que respira con normalidade.
- Non deixes que se arrefríe, pero tampouco non nos excedamos coa calor.
- Se consumiu éxtase e cres que pode ter hipertermia (subida da temperatura corporal) lévao/a a un lugar no que poida recibir aire fresco.
- Se sabes que sustancia consumiu, comunícallo ó persoal da ambulancia.
LEMBRE:
Pode consultar a súa situación e solicitar información e orientación, no local da Asociación (rúa Agustín Fdz. Oujo, 15A – Ent. – Ribeira)ou chamando por telefono (981 874 086) para así poñerse en contacto cun dos nosos/as profesionais.
Tamén pode enviarnos as súas preguntas a: renacer@asociacion-renacer.org