Encóntrase en:
¿Que é a familia?
Un intento de definición:
A familia é...
- ....UN SISTEMA ABERTO, á escola, o barrio,o traballo...
- .....COMPOSTO POR SUBSISTEMAS (conxugal, parental, fraternal e filial: somos esposos e esposas, pais e nais, irmáns...)
- ... QUE SE RELACIONAN ENTRE SI: todo o que ocorre na familia é resultado do xogo de relacións entre as persoas. Cando xorden problemas non se trata pois de buscar culpables, senón de ver que todo o que fago repercute nos demais e viceversa. Xeralmente, tanto máis fai un unha cousa, tanto máis fai o outro/a a contraria e créase un círculo sen saída. En consecuencia, é cómodo e pouco útil o culpar ao outro/a ou esperar a que el/ela cambien, pero eu sempre podo introducir cambios na relación, que obrigarán a cambiar ao outro/a, polo menos na súa relación comigo.
- ....CON XERARQUÍA: dentro da familia , as persoas e as relacións son diferentes (existen relacións entre o cónxuxes, de estes con fillos/as e entre estes/as, pero non se dan ó mesmo nivel). Un problema, frecuente e perigoso, aparece cando se altera a xerarquía e fanse "triángulos perversos": por exemplo: un pai/nai aliase cun fillo/a en contra do outro cónxuxe en vez de arranxar os problemas da parella,...
- ......DOTADO DE ESTABILIDADE E CAPACIDADE DE ADAPTACIÓN: ten que ir adaptándose ó longo do seu ciclo vital,. A familia, como as persoas, ten unha "vida".
- ....QUE SE AUTOGOBERNA POR REGRAS: necesarias para o funcionamento familiar, por que a familia non deixa de ser un grupo humano e como tal é necesario un "regulamento interno".
- ....CON HISTORIA: as nosas familias de orixe están presentes con mitos, crenzas compartidas por todos os membros da familia respecto dos roles e a natureza das relacións; aceptémolos ou os rexeitemolos están presentes.
- ... E ONDE TEN LUGAR A INDIVIDUACIÓN: as relacións do individuo ca sociedade pasan a través da familia.
E dentro deste proceso, toda familia atravesa crises, que unha vez superadas, é un paso de crecemento e se se atasca é cando aparecen os problemas e perigos.
A FAMILIA debe cumprir dous OBXECTIVOS:
- Prover ós seus membros de todo tipo de necesidades (materiais e afectivas) para o que fai falta estabilidade.
- Favorecer a autonomía dos seus membros, sobre todo fillos/as para o que debe haber flexibilidade. As regras da familia vanse cambiando, negociando en cada etapa o permitido e non permitido. Por isto, tan negativo é que non haxa ningún cambio (e que por exemplo as normas e o trato sexa igual para un fillo de 5 anos e para outro de 15 ), como que non exista ningún control nin ningunha regra, faga o que faga o fillo/a.