Encóntrase en:
O aborto supón a interrupción do embarazo. Esta interrupción pode ser espontánea ou provocada. A interrupción espontánea débese a problemas ou dificultades durante a xestación.
A INTERRUPCIÓN VOLUNTARIA DO EMBRAZADO, ou tamén chamado aborto provocado, prodúcese cando unha muller ou parella decide pór termo ó seu embarazo.
Pódese practicar de dúas formas:A interrupción do embarazo levase a cabo mediante unha breve operación cirúrxica que implica utilizar anestesia local ou xeral, polo que a paciente debe permanecer en xaxún. En xeral, nos centros autorizados lévanse a cabo os seguintes pasos:
Nestes casos realízase a IVE sen necesidade de operación, a través da inxesta da pastilla RU-486 (non confundila coa pílula poscoital) e sempre antes da oitava semana. Este método legalizouse en España en febreiro de 1999. O medicamento adminístrase no Centro ou Hospital autorizado para elo, sempre diante do persoal facultativo e en dúas tomas con 48h de diferenza.
Nalgúns casos non sempre se pode acceder o método farmacolóxico:
Dende 1985 no noso país existía unha lexislación ó respecto, que se mudou o día 17 de decembro de 2009. Neste Proxecto de Lei Orgánica de Saúde Sexual e Interrupción Voluntaria do Embarazo incorpóranse medidas no ámbito social sanitario e educativo para garantir os dereitos de saúde sexual e reprodutiva e para previr os embarazos non desexados. A IVE garantirase dentro da carteira de servizos do Sistema Nacional de Saúde, sendo así, unha prestación pública a gratuíta (o Estado velará polo cumprimento a través da Alta Inspección Sanitaria).
Este proxecto sitúa nos 16 anos a maioría de idade para decidir. As mozas de 16 e 17 anos terán que informar ós seus pais/nais da súa decisión de abortar, excepto nos casos nos que poida suporlles "violencia intrafamiliar, ameazas, coaccións ou malos tratos".
Prazos e supostos:Tamén se expón a modificación da Lei de Autonomía do Doente para equiparar a IVE ó resto das prestación sanitarias, onde a maioría de idade para decidir sitúase nos dezaseis anos, para así evitar intervencións clandestinas.
Ademais regúlase a obxección de conciencia dos médicos/as, nun intento de mellorar a calidade asistencial da práctica do aborto en todo o Sistema Nacional de Saúde. E a formación sexual formará parte da educación xeral dos/as escolares e os/as profesionais sanitarios, que estudarán na Universidade a interrupción voluntaria do embarazo.
Sen pena de cárcere: Con esta nova lei ningunha muller poderá ser penada ca cárcere por interromper o embarazo, o que non quere dicir que as prácticas ilegais queden impunes.
A ter en conta:Ante todo isto, debemos recordar: