Sexualidade

Sexualidade

A sexualidade é .... unha necesidade básica do ser humano, un concepto tan rico e amplo que a veces tentar definila poder ser algo difícil por que para cada persoa pode significar cousas diferentes. Un erro común e centrala nos órganos sexuais pero todo o noso corpo é sexuado, o que implica que podes obter pracer a través de calquera das súas partes.

A sexualidade é un fenómeno ....

  • ... global: non é posible comprendela sen ter e conta á persoa no seu conxunto, xa que está presente nas tres dimensións que configuran o ser humano:
    • Biolóxica: os primeiras células do organismo xa están diferenciadas sexualmente. O sexo é o que te distingue como home ou muller en función de certas diferenzas celulares, fisiolóxicas,...
    • Psicolóxica: cada persoa ten a súa propia orientación sexual e vívea dun xeito particular, non hai un único xeito de vivila. Ademais, vaite conformar coma persoa, a forma de percibir, de sentir, ...
    • Social: a socialización e a educación están filtradas polo feito de que sexamos rapaces ou rapazas. É dicir, inflúe na maneira de comportarte cos demais, de actuar.... o que non dicir que exista un único xeito de ser rapaza como tampouco de ser rapaz.
  • ... dinámico: tanto ó longo da historia do ser humano como na propia historia individual de cada persoa. O longo da túa vida a forma de vivila, expresala, sentila,.. vai mudar.

A sexualidade é .....parte de ti e, ademais, é un valor positivo a coñecer, educar e gozar, desenvolvendo ao máximo as súas posibilidades como medio polo que relacionarte cos/as demais e como fonte de pracer.

Con todo, por ignorancia, falsas crenzas, mitos, ás veces non se coñece nin se goza a propia sexualidade. Ter información e coñecer os recursos cos que podes contar para despexar as túas dúbidas axudarache a vivir a túa sexualidade dunha forma máis satisfactoria, saudable, consciente e responsable. Ter relación sexuais non significa necesariamente que teña que haber penetración; as caricias, os bicos, os abrazos, os xogos eróticos, tocar e tocarse,... son algunhas das moitas formas de "vivila". O principal órganos sexual é a túa cabeza.

Tes que estar seguro/a do fas ou facedes, con quen vos apetece e cando vos apeteza ca información suficiente; xa que o modo en que sentes e practicas a túa sexualidade afecta á túa vida e á túa saúde, pero tamén á dos demais. Teno en conta, e vive a túa sexualidade dunha forma sa e responsable. A sexualidade ofréceche moitos beneficios, pero tamén che suscita algúns riscos: embarazos non desexados, enfermidades de transmisión sexual, posibles "raiaduras" de coco... infórmate ben, e logo: DECIDES.

LEMBRA: A sexualidade é....

  • ... unha fonte de comunicación e pracer.
  • ... unha forma de expresar afectividade.
  • ... unha maneira de descubrirse a un mesmo/as e ó outro/a.
  • ... a satisfacción do desexo e impulso sexual.