Encóntrase en:
O tabaco foi un dos descubrimentos que fixeron os colonizadores españois do Novo Mundo. Das follas desta planta solanácea, a Nicotiana tabacum, elabóranse cigarros, puros, picadura de pipa, rapé, tabaco de mascar, etc...
A industria tabaqueira mantivo ocultos ata fai moi pouco informes propios que amosaban a capacidade do tabaco para xerar dependencia e numerosos problemas de saúde.
A forma máis estendida de consumo de tabaco é o cigarro. No seu fume identificáronse arredor de 4.000 compoñentes tóxicos, de entre os cales os máis importantes son:
Xeralmente en forma de cigarros, pero pode consumirse tamén como puros ou pipas.
O tabaco contén nicotina (que posúe un efecto ansiolítico e inhibidor do apetito). Os produtos do tabaco (cigarros, para lear...) están compostos de aditivos (humidificante, cheiro, sabor...). A combustión destes produtos crea novos compoñentes (monóxido de carbono, alcatráns...) nocivos para a saúde. A exposición a estas supón o ó risco de desenvolver unha dependencia.
A diferenza da imaxe atractiva que se ten ás veces (fomentada pola publicidade, o cine, ...), o tabaco produce ó pouco tempo de empezar a consumirse algunhas alteracións pouco desexables entre as que se atopan:
Cando comezas a fumar non adoitas conceder importancia ó efectos que o tabaco producirá sobre o a túa saúde a longo prazo, pero existen outros efectos, máis próximos no tempo, que foron demostrados nos mozos/as e que poden constatarse sen necesidade de que exista cronicidade no consumo de tabaco:
Segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS), o tabaco é a primeira causa evitable de enfermidade, invalidez e morte prematura no mundo.
As sustancias presentes nun cigarro actúan en particular sobre:
Ademais as mulleres presentan os seguintes riscos adicionais:
O consumo de tabaco incrementa nun 70% o risco de morrer prematuramente por diversas enfermidades derivadas do consumo de tabaco. Este maior risco é directamente proporcional á vez que lévase fumando, á cantidade de cigarros que se fuman a diario, profundidade da inhalación do fume e ao contido en nicotina e alquitrán da marca fumada. O tabaquismo é a causa de...
Demostrouse que as persoas que non fuman, pero que respiran o aire contaminado polo tabaco (fumadores pasivos/as) tamén corren riscos. Inhalar o aire contaminado polo fume do tabaco incrementa o risco de padecer as mesmas enfermidades de corazón e de pulmón que os fumadores/as. Ademais, se padecen problemas alérxicos, asmáticos ou cardiovasculares, poden ver agravada a súa sintomatoloxía.
Estes riscos son especialmente significativos no caso das mulleres embarazadas e os nenos/as. Durante o embarazo existe un risco superior de aborto espontáneo, de nacemento prematuro ou de baixo peso ao nacer. Nos nenos/as, a exposición ao fume do tabaco aumenta o risco de morte súbita do lactante e increméntase o risco de infeccións respiratorias, asma, neumonía e otite. Tamén se demostrou un empeoramento dos pícaros/as asmáticos expostos ao fume do tabaco.
A dependencia física do tabaco é evidente na maioría dos fumadores/as. A dependencia psíquica ten ademais un efecto intenso nas súas vidas.
O fumador/a regular ó que se lle priva bruscamente da súa dose, experimenta unha sensación de carencia. Pode atoparse tenso/a, nervioso/a, irritable, angustiado/a e mesmo deprimido/a. Pode tremer, suar e resúltalle difícil reprimir o desexo de acender de novo un cigarro.
É posible deixar de fumar sen axuda específica. Sen embargo, é posible atopar consellos e axudas diversas para deixar de fumar por parte do médico de familia ou nunha consulta especializada. Os numerosos métodos para deixar de fumar poden utilizarse baixo control médico:
Segundo o Informe sobre a Enquisa Domiciliaria sobre o Alcohol e outras Drogas (EDADES) do ano 2007/08 da Delegación do Goberno para o Plan Nacional de Drogas:
No tabaco hai un descenso significativo. As prevalencias de consumo para todas as frecuencias (12 meses, 30 días e consumo diario) son as máis baixas desde 1997. Hoxe a proporción de persoas que consomen tabaco a diario (29,6%) é 6 puntos menor da que se rexistraba en 2003 (36, 7%).
O maior descenso no consumo diario de tabaco desde 2003 rexístrase entre os homes (9,5 puntos para o grupo de entre 15 a 34 anos, que pasou do 40% en 2003, ao 31,5% en 2007 e preto de 10 puntos para os de 35 a 64 anos, que pasaron do 43,7% en 2003 ao 33,9% en 2007).
Nas mulleres, o consumo diario descende, pero máis lentamente (7,1 puntos menos que en 2003 de 15 a 34 anos). Este descenso é de 2,6 puntos para as mulleres entre 35 a 64 anos.
Outro dato positivo é que aumenta en 1 ano a idade de inicio do consumo diario de tabaco, que pasa de 18 anos en 2003 e 2005 a 19 en 2007.
O tabaco foi traído a Europa no século XV por parte dos mariñeiros españois que participaron na colonización de América. A planta de tabaco (chamada “nicotiana” en honra ó seu descubridor, un diplomático francés destinado en Lisboa de nome Jean Nicot) utilízase na Corte para curar todo tipo de doenzas.
Rápidamente aparece a oposición ó seu uso: en Inglaterra, nos países musulmáns, en Rusia onde o fumador/a se expuña á pena de morte.
O uso do tabaco foi popular (masticábase, inhalábase, fumábase en pipa), e á vez signo de refinamento burgués.
Segundo a Lei 28/2005 do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte o tabaquismo e reguladora da venda, o subministro o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco:
Establecese a prohibición total de fumar nos seguintes lugares que se definen como espazos en fume e deberán estar debidamente sinalados:
Poderanse habilitar zonas para fumar en:
Deberán estar debidamente sinaladas e non se permitirá entrada a menores de 16 anos.
Prohíbese:
Queda prohibido todo tipo de publicidade do tabaco en prensa, radio, televisión, valla, marquesiñas, internet,... e calquera medio e soporte de comunicación. Tamén e prohibe a promoción de produtos do tabaco mediante entregas de premios, sorteos, ... e o patrocinio de eventos musicais, deportivos, ...