Encóntrase en:
Son psicoestimulantes producidos sinteticamente en laboratorios químicos. Unha das anfetaminas máis frecuentes no mundo das drogas ilícitas é o sulfato de anfetamina ou “speed”, que se presenta normalmente en forma de po e se consume por inhalación, igual que a cocaína. Tamén pode presentarse, igual que as demais anfetaminas, en forma de comprimidos.
| Psicolóxicos | Fisiolóxicos | |
|---|---|---|
| Efectos |
|
|
| Riscos |
|
|
En canto ó consumo de anfetaminas en 2007 un 3,8% da poboación de 15-64 anos probara as anfetaminas algunha vez, un 0,9% consumíraas o último ano e un 0,3% o último mes. Como nos casos anteriores, o consumo estaba bastante máis estendido en homes que en mulleres e no grupo de 15-34 anos que no de 35-64 anos.
A idade media de primeiro consumo foi 19,7 anos. Aínda que a baixa prevalencia de consumo desta sustancia faga que os seus valores estean expostos ós caprichos do azar, as tendencias temporais durante os últimos 12 meses permítennos informar que o seu consumo parece bastante estabilizado (1% en 1995, 1% en 2005 e 0,9% en 2007).