Drogas de síntese

Drogas de síntese

Que é?

Son substancias obtidas por síntese química realizada en laboratorios clandestinos que, a diferenza doutras drogas de abuso, non precisan de produtos de orixe natural para a súa elaboración. Nalgúns casos, trátase de produtos farmacéuticos que foron sintetizados para o tratamento de certas enfermidades e que, posteriormente, foron abandonados polos efectos secundarios que causaban nos pacientes. Noutros casos, son drogas novas obtidas modificando a estrutura de substancias químicas xa coñecidas.

Existen centos de substancias incluídas na categoría de drogas de síntese, moitas delas derivadas da anfetamina, por isto a maior parte das drogas de síntese teñen efectos pisoestimulantes sobre o sistema nervioso central, e actúan acelerando ou estimulando o seu funcionamento. En ocasións, este tipo de drogas incorporan compoñentes que causan efectos alucinóxenos lixeiros.

O éxtase ou MDMA é a droga de síntese máis coñecida e utilizada. O éxtase produce nos consumidores/as unha acción estimulante e a alteración da percepción.

Nos últimos anos detectouse no mercado español a presenza dunha nova forma de presentación do éxtase chamada "cristal", termo que se emprega para designar os sales cristalizadas de devandita sustancia. Preséntase en forma de po ou de pequena roca, e consómese preferentemente por vía oral, introducíndoo en cápsulas ou nun anaco de papel de fumar, aínda que tamén pode fumarse, inhalarse ou inxectarse. Esta nova forma de éxtase, que pretende substituír ás tradicionais pastillas presenta vantaxes de produción, comercialización e distribución para produtores e traficantes, e é máis facilmente adulterable. Non debe confundirse o "cristal" (éxtase cristalizado) co "crystal" (metanfetamina cristalina), pois son drogas distintas con efectos diferentes.

Que aspecto ten?

Comercialízase en forma de comprimidos ou pastillas ("pastis" ou "pirulas") marcadas con logotipos ou debuxos que facilitan a súa identificación. Esta presentación fai que o consumidor/a descoñeza a composición das pastillas que inxire e é moi frecuente que os logotipos non se correspondan ca droga adquirida. Tamén é frecuente a presenza de adulterantes nelas.

Que efectos produce no meu organismo?

As pastillas absórbense no aparello dixestivo, desde onde pasan ó torrente sanguíneo. Os seus efectos comezan a sentirse á media hora e duran entre dúas e tres horas. O éxtase afecta ao metabolismo do organismo, dificultando o seu propio proceso de eliminación, polo que ao inxerir novas doses de MDMA para manter os efectos buscados, poden producirse concentracións moi elevadas en sangue e agravar os seus efectos tóxicos. No cerebro incrementa a actividade de certos neurotransmisores, o que producen o seguintes efectos:

Efectos psicolóxicos

Existen tres fases diferentes dende que se produce o consumo: desorientación, euforia excesiva e sociabilidade.

  • Desinhibición.
  • Sociabilidade.
  • Euforia.
  • Empatía.
  • Incremento da autoestima.
  • Desexo sexual aumentado.
  • Locuacidade.
  • Activación locomotora.
  • Confusión, desacougo, inquietude e ansiedade.

Efectos fisiolóxicos:

  • Taquicardia, arritmia e hipertensión.
  • Sequidade de boca.
  • Náuseas.
  • Suor excesivo.
  • Contracción da mandíbula.
  • Tremores e movementos involuntarios.
  • Deshidratación.
  • Aumento da temperatura corporal (hipertermia).
  • Cefaleas.
  • Perda do apetito.

Que riscos ten o seu consumo?

Poden producir, de forma inmediata, numerosos efectos adversos para a saúde, desde náuseas, escalofríos, suor, visión borrosa ou contractura involuntaria dos músculos da mandíbula, ata a morte ocasionada por sobredose. Factores como a idade de inicio no consumo, a dose, a frecuencia, o uso simultáneo doutras drogas, así como outros factores ambientais e xenéticos, son determinantes na magnitude dos efectos crónicos producidos.

Riscos psicolóxicos

Os máis severos son:

  • Crise de ansiedade.
  • Trastornos depresivos.
  • Alteracións psicóticas: delirios paranoides, alucinacións visuais e perceptivas, despersonalización, perda de contacto coa realidade, etc.
  • Perda de memoria e dificultade de concentración.

Riscos fisiolóxicos

Asócianse ó contexto no que se soe consumir, ambientes caldeados nos que se baila intensamente:

  • Hipertermia: aumento severo da temperatura corporal similar ó golpe de calor, que en casos moi graves evoluciona ata a insuficiencia renal aguda e ó fracaso orgánico con resultado de morte.
  • Insuficiencia hepática e/ou renal.
  • Taquicardias e arritmias.
  • Coagulopatía.
  • Hemorraxias, tromboses e infartos cerebrais.
  • Trastornos do sono.

Algúns estudos suxiren a posibilidade de que estes efectos non desexados de longa duración, que non desaparecen con períodos de abstinencia prolongados, ocorran tanto en casos de consumo habitual como de consumo esporádico.

Produce dependencia?

Nalgúns usuarios/as poden provocar dependencia psíquica. No que se refire á física, as estimacións varían segundo os expertos/as.

Canto se consome?

Segundo o Informe sobre a Enquisa Domiciliaria sobre o Alcohol e outras Drogas (EDADES) do ano 2007/08 da Delegación do Goberno para o Plan Nacional de Drogas:

Un 4,3% da poboación de 15-64 anos probou a éxtase algunha vez, un 1,2% consumiuno o último ano e un 0,6% o último mes.

A prevalencia de consumo durante o último ano foi maior entre os homes (1,7%) que entre as mulleres (0,6%), e entre a poboación de 15-34 anos (2,3%) que entre a de maior idade (0,3%). As prevalencias de consumo máis elevadas atópanse entre os homes de 15-34 anos (Figura 8).

informate_sobre_as_drogas_07D

Trátase dunha droga de consumo moi esporádico. De feito non se recollen na mostra consumidores/as diarios, sendo a prevalencia de consumo semanal case indetectable (0,1%).

A idade media de primeiro consumo foi de 20,8 anos, superior á idade media de inicio de sustancias como tabaco, alcohol, alucinóxenos ou anfetaminas.

Polo que respecta á evolución do consumo, apréciase unha estabilización a partir de 2001 (Figura 9).

informate_sobre_as_drogas_08D

Sobre a súa historia

Nalgúns cas as drogas de síntese tratase do redescubrimento con fins recreativos de sustancias abandonadas pola investigación farmacéutica polos seus efectos secundarios. É caso do éxtase, sintetizado en 1912, que foi utilizado como medicamento inhibidor do apetito e no tratamento de certos problemas psiquiátricos, ata que foi abandonado nos anos sesenta polos efectos psicoactivos que provocaba.

O éxtase foi investigado na década dos cincuenta polo exercito norteamericano á busca dun fármaco que facilitara a desinhibición. Posteriormente en pleno apoxeo dos movementos contraculturais e psicodélicos, foi obxecto de experimentación por algúns psicólogos e psiquiatras norteamericanos que hipotetizaban a súa capacidade para levantar algunhas das represións dos seus pacientes.

A década dos oitenta coñece un certo auxe desta sustancia e de outras cas que comparte certo parentesco químico da man da música “house”. Estados Unidos, Australia e Europa coñecen dende mediados dos oitenta a irrupción do consumo destas drogas que, coa entrada no século XXI, parecen que frearon a súa penetración, e incluso estar retrocedendo nalgúns lugares.

Cada droga ten a súa mitoloxía. No caso das drogas de síntese, durante anos divulgouse a idea de que os consumidores/as abstíñanse do consumo doutras drogas, limitándose a acompañar as pastillas con cantidades xenerosas de auga. Unha conduta que puido ser certa non primeiros momentos de uso elitista, pero que desapareceu a medida que o seu consumo se popularizou. Investigacións españolas e europeas mostran como os consumidores/as teñen o habito de consumir de xeito combinado diversas sustancias, ademais das pastillas.

A lei que dí?

Na interpretación do Código Penal, os tribunais de xustiza inclúenas dentro das "drogas que causan grave dano a saúde", e por tal motivo, quenes as elaboren, trafiquen, promovan, favorezan ou faciliten o seu consumo, ou a posúan con tales fines serán penalizados/as cunha pena mínima de 3 a 9 anos de prisión e multa "do tanto o triplo" do valor da droga.

A condución baixo a súa influenza está tamén penalizado.

Como ocorre cas demais drogas, a sanción imposta polo seu consumo en público pode ser o seu consumo público pode ser substituída polo axeitado tratamento de deshabituación. A consellería de Sanidade, en colaboración cas Subdelegacións do Goberno das catro provincias galegas ten o Programa Alternativa destinado a aquelas persoas que sexan infractores/as e non cumpran criterios de adicción, polo que se supón que non necesitan de tratamento.

Outras drogas de síntese

Metaanfetamina

É unha sustancia estimulante derivada da anfetamina con efectos máis potentes sobre o sistema nervioso. Aínda que a escala mundial, en términos de produción e tráfico, a metanfetamina ten máis relevancia que a anfetamina ou o éxtases, o seu consumo en España é na actualidade inferior ó de éxtase.

A metanfetamina ten un elevado poder aditivo. É un po branco, cristalino, sen cheiro e con sabor amargo, que se disolve facilmente en auga. Popularmente coñécese co nome de "speed", "meth" e "chalk" ou ben "xeo" ou "crystal" se se consome fumada.

Pódese consumir por vía oral, inhalada, fumada, ou inxectada, o que determina o tipo e a magnitude dos efectos que produce.

Provoca un aumento da actividade, unha diminución do apetito e unha sensación de benestar. Inmediatamente logo de ser fumada ou inxectada por vía intravenosa prodúcese unha sensación intensa de pracer, á que se denomina “flash”, que dura só uns minutos. A inhalación e a inxestión oral provocan efectos de menor intensidade, máis duradeiros e de aparición algo máis tardía (de 3 a 5 minutos se se inhala e de 15 a 20 minutos se é por vía oral).

Efectos a curto prazo

  • Aumento da atención.
  • Redución do cansazo.
  • Redución do apetito.
  • Sensación de euforia.
  • Aumento da frecuencia cardíaca.
  • Hipertermia (golpe de calor).
  • Convulsiones.
  • Sobredose.
  • Aumento da libido.
  • Relacións sexuais de risco.
  • Trastornos paranoides.

A metanfetamina produce tolerancia con moita rapidez debido a que os seus efectos pracenteiros son de curta duración, aínda que a súa eliminación do sangue é bastante lenta (12 horas). Ao intentar manter este efecto co uso de doses repetidas, se potencia a súa toxicidade e o risco de sobredose.

Efectos a longo prazo

  • Adicción.
  • Insomnio.
  • Anorexia.
  • Diminución da libido.
  • Comportamento violento.
  • Accidentescerebrovasculares.
  • Alucinacións auditivas e visuais.
  • Psicose.

Algunhas destas alteracións persisten ata moito tempo logo de non consumir a droga.

GHB (Éxtase liquido)

É unha sustancia depresora do sistema nervioso central, aínda que pode ter algún efecto psicodisléptico e estimulante, e foi usado inicialmente en medicina.

Comercialízase en pequenos botes transparentes co nome de éxtase líquido e absorbese por vía oral. A súa acción é moi rápida e dura entre 20 e 40 minutos.

Provoca no consumidor/a un efecto sedante con lixeira euforia, e paradoxicamente pode producir somnolencia, obnubilación, cefalea, confusión, etc., tamén depresión respiratoria, delirio e alucinacións.

Un dos efectos máis graves é que non existe un antídoto para tratar a súa intoxicación, polo que haberá que controlar as constantes do/a paciente e adecua-lo tratamento médico ós síntomas que este presente.

O síndrome de abstinencia presenta confusión, tremores, insomnio e taquicardia, chegando nos casos máis graves ós delirios, axitación, ansiedade e incluso alucinacións.

PCP (Po de anxo)

O po de anxo, fenciclidina ou PCP naceu nos 50 como anestésico intravenoso e pronto deixou de usarse ó producir axitación, delirios e condutas irracionais.

Este po branco e cristalino disólvese facilmente con auga ou alcohol, ten sabor amargo e pódese mesturar con colorantes. Preséntase en forma de pastillas, cápsulas e pos de cores, e inhalase, fúmase ou inxírese.

Bloquea a habilidade do consumidor/a para concentrarse e pensar e produce cambios de percepción, nos pensamentos e no estado de ánimo. Nalgúns individuos produce euforia, mentres que outros séntense ameazados polo medo, a ansiedade ou o pánico.

Consumido de forma habitual produce perda de memoria e peso, dificultade para falar e pensar, depresión, e incluso trastornos emocionais. Estes síntomas poden persistir ata un ano despois de deixa-lo consumo.

Ketamina

A ketamina é un anestésico disociativo, usado en medicina e veterinaria, que crea no consumidor/a a sensación de estar fora de si mesmo.

Pode atoparse en forma de líquido, po, cristais, pastillas ou cápsulas, e pode estar mesturada con calquera outra sustancia (efedrina, cafeína...).

Os efectos dependen da composición, do contexto no que se consume, das características do consumidor/a e da dose, dándose casos de sobredose con consumos moi baixos.

En doses baixas os efectos aseméllanse a unha borracheira, con perda de coordinación, dificultade para falar e pensar, visión borrosa, etc. A doses máis elevadas poden aparecer delirios e pseudoalucinacións, perdéndose a noción de quen se é e de onde e con quen se está, perdas da noción do tempo e do recoñecemento do que pasa arredor. Algunhas persoas chegan a verse fora do seu corpo. Tamén pode provocar depresión respiratoria, paro cardíaco, trastornos de ansiedade, paranoias e, consumida de forma continuada, problemas de memoria, concentración e deterioro doutras habilidades.

Crea unha dependencia psicolóxica moi alta así como tamén unha rápida tolerancia.

O alcohol e outras drogas aumentan os seus efectos nocivos, e mesturada con psicoestimulantes e/ou alucinóxenos pode provocar unha reacción impredecible e moi perigosa.

Poppers

Os poppers son líquidos incoloros e inhodoros que se administran inhalados e que se presentan en botes de cristal. Están compostos a base de nitritos, sendo o máis utilizado o nitrito de amilo, unha sustancia que pode ser mortal en caso de ser inxerida.

Produce moi rapidamente estimulación e vasodilatación, forte sensación de euforia, lixeireza, desexo sexual, etc. Os efectos desaparecen enseguida, deixando síndrome de depresión e esgotamento.

Tamén provoca o enroxecemento da cara e do pescozo, cefalea, náuseas e vómitos, taquicardia e hipotensión ortostática.

Crea unha gran dependencia física que combinada coa curta duración dos efectos buscados a converten nunha droga moi perigosa e cun elevado risco de sobredose.

m-CPP

A meta-clorfenilpiperazina é unha sustancia que pertence ao grupo das piperazinas. Ademais de comercializarse de modo legal nalgúns países, se distribúe no mercado ilegal coa mesma aparencia que teñen as pastillas de éxtase e véndense e consómese coma se fose éxtase, aínda que non o sexa.

Preséntase en forma de comprimidos brancos ou de cores que inclúen diferentes logos de moda como "Tiburón", "Lacoste", "Mitsubishi", "Versace", "Rolls-Royce", etc., ou tamén en forma de po só, ou mesturado con po doutras sustancias.

A m-CPP ten propiedades estimulantes e alucinóxenas e o seu consumo leva numerosos riscos para a saúde: náuseas, dor de estómago, vómitos, dor de cabeza, dano renal, reaccións de pánico, comportamentos psicóticos, brotes de violencia, etc...