Encóntrase en:
Coñécense como drogas a todas aquelas sustancias que reúnen as seguintes características:
O seu uso regular pode xerar procesos coñecidos como:
O seu abuso pode provocar diferentes tipos de trastornos:
Aínda que por comodidade tendamos a percibir todas as drogas como iguais, atopámonos ante situacións moi diferentes. Aprender a distinguir axudaranos a chamar a cada realidade polo se nome. E que, nin todo consumidor/a é “drogadicto/a” (termo despectivo a desterrar) nin todo consumo de drogas no que non exista dependencia é por completo inofensivo. É necesario, polo tanto, establecer tres tipo básicos de relacións coas drogas:
Uso: é aquela relación cas drogas na que, tanto pola súa cantidade, como pola súa frecuencia e pola propia situación física, psíquica e social do suxeito, non se producen consecuencias inmediatas o consumido/a nin sobre o seu entorno.
Na práctica é moi difícil definir un consumo coma “uso”, xa que son moitos os factores a considerar que o que para un consumidor/a podería parecer un uso moderado pode estar traspasando as fronteiras do abuso para un observador/a neutral. E, ademais non todas as drogas permiten unha relación de estas características.
Abuso: é aquela relación cas drogas na que, ben pola cantidade, frecuencia e pola propia situación física, psíquica e social da persoa prodúcense consecuencias negativas para o consumidor/a e/ou para o seu entorno.
Por exemplo, alguén podería consumir cocaína nun soa ocasión, pero facelo en tal cantidade qua desencadee algún tipo de accidente cerebral. Mais alá de ideas preconcibidas, en cada acaso temos que analizar diversos elementos (sustancia - pautas de consumo - contexto) e decidir se é unha situación de uso ou abuso.
Dependencia: dáselle prioridade ó uso dunha sustancia psicoactiva fronte a outras condutas consideradas antes como máis importantes. Un persoa, que quizais comezou a consumir coma unha experiencia esporádica sen aparente trascendencia pasa a convertese,a sustancia, no eixo da súa vida (dedicará a maior parte do seu tempo a pensar no consumo de drogas, a buscalas, a obter diñeiro para compralas, a consumilas, a recuperarse dos seus efectos, etc).
O concepto da dependencia contempla dúas dimensións:
Dependencia física: o organismo habituouse á presenza constante da droga, de tal xeito que precisa manter un determinado nivel en sangue para funcionar con normalidade. Cando este nivel baixa de certo límite aparece ó síndrome de abstinencia ( para cada sustancia é diferente).
A dependencia está moi asociada á tolerancia: nos primeiros consumos a sustancia afecta notablemente as doses moi baixas, pero co consumo habitual o organismo adaptase ó tóxico como medida de protección. Se unha persoa dependente abandona o consumo a tolerancia tamén diminúe pero pasado un tempo se o reanuda coas doses anteriores sofrirá unha intoxicación aguda.
A dependencia física é relativamente fácil de superar tras un período de desintoxicación (depende da droga, pero como máximo durante 15 días), pero é máis difícil desactivar a psíquica, xa que require introducir cambios na conduta e mas emocións.