Alucinóxenos

Alucinóxenos

Son sustancias perturbadoras do sistema nervioso central que provocan alteracións no funcionamento neuroquímico cerebral que afectan á percepción da realidade, podendo dar lugar a trastornos sensoriais severos e alucinacións.

A maioría desta drogas proceden de cactos e fungos. En Europa é clásico o uso da Amanita muscaria. O alucinóxeno máis usado en Europa é a dietilamida de ácido lisérxico ou LSD (“tripi”) que se consume por vía oral de diversas formas: micropuntos, follas de papel absorbente con diversos motivos gráfico, terróns de azucre impregnados, etc. O LSD ten un forte efecto á media hora do seu consumo que pode durar ata 8 horas.

Efectos e riscos dos alucinóxenos
Psicolóxicos Fisiolóxicos
Efectos
  • Alteración da percepción, incluíndo a propia autoimaxe.
  • Hipersensibilidade sensorial.
  • Deformación da percepción de tempo e espazo.
  • Alucinacións.
  • Ideas delirantes.
  • Euforia.
  • Confusión mental.
  • Verborrea.
  • Hiperactividade.
  • Experiencia mística.
  • Taquicardia.
  • Hipertermia.
  • Hipotensión.
  • Dilatación de la pupila.
  • Descoordinación motora.
Riscos
  • Reaccións de pánico (mal viaxe).
  • Intento de suicidio.
  • Reaccións psicóticas.
  • Reaparicións de alucinacións sen ter consumido a sustancia (flash-back).

Dado o esporádico do seu consumo, non existen probas de danos físicos, sendo na esfera psicolóxica onde está a maior probabilidade deconsecuencias adversas.

En canto ó consumo de alucinóxenos, no ano 2007-08 un 3,8% da poboación de 15-64 anos probara alucinóxenos algunha vez, un 0,6% consumíraos o último ano e un 0,1% o último mes.

Como nos casos anteriores, a prevalencia de consumo nos últimos 12 meses foi máis elevada nos homes (0,9%) que en mulleres (0,3%) e no grupo de 15-34 anos (1,4%) que no de 35-64 anos (0,1%). A tendencia do consumo nos últimos anos mantívose relativamente estable (prevalencia de consumo nos últimos 12 meses: 0,6% en 1999 e 0,6% en 2007-08).